A directora da Amtega lembra que a ciberseguridade é una unha das prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020
Destacou as actuacións do Plan Director de Seguridade TIC 2015-2020 permitiron incrementar a capacidade de prevención, detección, resposta e recuperación da Administración ante este tipo de ameazas durante a inauguración da II Xornada sobre a seguridade na rede, organizada polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta (Amtega), Mar Pereira, destacou que o incremento da seguridade na rede é unha das prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020, que se plasma no Plan Director de Seguridade TIC 2015-2020. A máxima responsable da polÃtica tecnolóxica autonómica inaugurou hoxe en Santiago a II Xornada de Ciberseguridade de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa Informática (CPEIG).
Pereira sinalou que os ciberataques xeran un dobre prexuÃzo, o que causan directamente aos afectados e o clima de desconfianza que xeran na cidadanÃa respecto do uso de medios electrónicos. Neste sentido, a directora da Amtega afirmou que aÃnda que os ataques informáticos non se poden evitar ao 100%, cada vez existen máis servizos e ferramentas para minimizar o máximo posible o seu impacto. Por iso, engadiu, a ciberseguridade é un aspecto imprescindible a ter en conta en calquera tipo de organización pública ou privada e tamén no ámbito persoal.
Seguridade na rede e confianza dixital
A directora da Amtega afirmou que o Plan Director de Seguridade da Xunta, que conta cun investimento de 11 millóns de euros en 5 anos, é folla de ruta para protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e crear un clima de confianza para xeralizar o seu uso por parte de cidadáns e empresas.
No marco do Plan estanse a desenvolver una serie de actuacións, tanto técnicas e operativas como organizativas e formativas, que permitiron aumentar as capacidades de prevención, detección e reposta ante incidentes de seguridade.
Estas medidas permiten, tamén, unha mellor colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, achegando información de valor para axudar na investigación de posibles de delitos relacionados co ciberespazo.
Colaboración
Nun proceso de dixitalización intensivo, como o que se está a desenvolver a nivel mundial, as infraestruturas tecnolóxicas que garanten o funcionamento de servizos públicos convértense en infraestruturas crÃticas e a ciberseguridade nun elemento chave de seguridade nacional. Mar Pereira incidiu en que incrementar a seguridade require da acción conxunta dos diferentes Gobernos, dos corpos e forzas de seguridade, e tamén da colaboración estreita do sector tecnolóxico
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-08
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.