Notas de prensa

Vodafone e Xunta lanzan a 2ª convocatoria do programa Connecting for Good Galicia

A Xunta concedeu unha axuda de 25.000 euros a Robobo como “Mellor Proxecto” e a Fundación Vodafone outorgou o Premio “Conectados pola Accesibilidade”, con 10.000 euros, a Insulclock. As seis iniciativas emprendedoras promoven solucións innovadoras con tecnoloxías accesibles en diferentes ámbitos sociais.

O programa Vodafone Connecting for Good Galicia concedeu 35.000 euros aos dous mellores proxectos tecnolóxicos da súa convocatoria 2016. Estes recoñecementos foron outorgados no acto de clausura da primeira edición do programa, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura, presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde, e que contou coa presenza do director de Administracións Públicas de Vodafone, Diego Torrico, e do director xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno.

Connecting for Good Galicia é un programa impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da Fundación Vodafone España. O seu obxectivo é desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital en calquera dos ámbitos recollidos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo cara aos colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores. Precisamente, Francisco Conde destacou que os proxectos presentados nesta primeira edición mostran que os avances tecnolóxicos tamén están ao servicio das persoas para dar resposta os grandes retos sociais: “Desde a Xunta queremos facilitar que esas ideas que teñen os nosos emprendedores se poñan ao servizo e necesidades das persoas e facer unha sociedade dixital que ten que ser inclusiva para que permita que as persoas dependentes e maiores teñan unha maior calidade de vida”, asegurou o conselleiro.

Premiados primeira edición

Os seis proxectos participantes da primeira edición, foron Insulclock, Robobo, KeeperTech, Phottic, PsicoVR e Xesmar. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia, a través de Axencia Galega de Innovación (GAIN), concedeu unha axuda de 25.000 euros á mellor iniciativa da convocatoria polo seu carácter innovador, traballo en equipo, aproximación ao mercado e aproveitamento do programa na súa execución e posta en marcha. O proxecto elixido foi Robobo.

Ademais, Fundación Vodafone España outorgou o Premio Conectados pola Accesibilidade valorado en 10.000 euros, ao proxecto Insulclock por ser o que mellor incorporou os Principios de Accesibilidade Universal.

Todos os proxectos participantes recibiron un diploma acreditativo e un patrocinio de 2.000 euros cada un tras completar o programa de formación e mentoring, ao que a Amtega contribúe con 30.000 euros en cada convocatoria, e que se impartiu no espazo Vodafone Connecting for Good, situado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Para o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde López, esta iniciativa supón amosar como nas novas tecnoloxías están as ferramentas para promover unha educación máis dixital, que a sanidade poida dispor de mellores sistemas de tratamento, integrar as persoas maiores e colectivos profesionais no uso das TIC ou mellorar a calidade de vida das persoas dependentes e de quen coida delas. “Os obxectivos que persegue este programa son unha suma de emprendemento e innovación”, destacou Conde quen subliñou que Connecting for Good Galicia vén completar un mapa cunha ducia de aceleradoras que están en marcha na comunidade como Vía Galicia, Agrobiotech ou Business Factory Auto, entre outras.

Vodafone Connecting for Good Galicia é a aposta de Vodafone, en colaboración coa súa Fundación, para o desenvolvemento de tecnoloxías accesibles para o benestar social, e tamén un impulso aos proxectos emprendedores en Galicia. “É importante seguir apoiando este tipo de iniciativas, sobre todo se teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida de persoas maiores e persoas con algún tipo de discapacidade”, explicou Diego Torrico, director de Administracións Públicas de Vodafone España.
Apertura da II Convocatoria

No acto celebrado anunciouse a apertura da II Edición do Programa, ao que se poden presentar candidaturas desde hoxe ata o 2 xullo a través da web da Fundación Vodafone: http://www.fundacionvodafone.es/premios/premios-connecting-good-galicia

Os seis proxectos seleccionados poderán beneficiarse dun plan de formación de polo menos seis meses, durante os cales se impartirán sesións sobre modelo e plan de negocio e contarán con asesoría experta en temas de comunicación, vendas, negocio, e accesibilidade para o desenvolvemento dun plan personalizado para cada proxecto. Ademais, disporán dun lugar de traballo no espazo Vodafone Connecting for Good situado na Cidade da Cultura.

Cada un dos proxectos seleccionados conta cun patrocinio de 2.000 euros, outorgado por GAIN, e os seis proxectos poderán optar á concesión dunha axuda extra de 25.000 euros de GAIN e a un préstamo participativo ata un máximo de 25.000 euros, a través de XesGalicia. Ademais, Vodafone outorgará o Premio Conectados pola Accesibilidade, cunha dotación de 10.000 euros ao proxecto que mellor incorpore os principios de accesibilidade universal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES