Notas de prensa

O 28 de abril remata o prazo para participar no concurso de vídeos na rede Youtubeir@s

Todo o mundo pode ser youtubeir@ porque todos temos algo que contar. Baixo esta premisa a primeira edición de Youtubeir@s – Concurso de vídeos na rede encara a súa recta final. Xa hai un centro de propostas presentadas a concurso, organizados en vídeo-opinarmos e vídeo-facermos.

As persoas interesadas, maiores de 14 anos con vídeos de ata cinco minutos de duración, poderán achegar as súas propostas ata o venres 28 de abril. Esta é unha convocatoria para fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada no mundo. Dende a apertura do prazo de recepción de candidaturas xa se teñen inscrito un cento de vídeos, organizados en dúas categorías, vídeo-opinarmos e vídeo-facermos. En total hai 4.000 euros en premios que se repartirán nun acto a finais de maio en Ourense.

Na actualidade xa se poden ver na canle de Youtubeir@s as candidaturas presentadas. Na categoría de vídeo-facermos poden visualizarse dende receitas de cociña ata vídeos sobre como quitar os puntos negros do nariz ou como facer pasta de dentes para elefantes. Na de vídeo-opinarmos as propostas abordan temas tan diversos como a praga da couza guatemalteca, o amor na rede ou o deporte adaptado, entre moitos outros. O xurado que compoñen Manolo González, María Lado, Manuel N. Singala, María Yáñez e Pablo Lamosa xa comezou o seu traballo de visionado das pezas.

Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, así como das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (festa-filloa-lestedo.jpg) A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.

Notas

Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane que marcaría unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegaría a recuperación de Sargadelos, así como unha serie de iniciativas para desposuír do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES