Notas de prensa

Lánzase a nova web da Asociación Galega de Ãridos: arigal.gal

O secretario xeral de Política Lingüística participa no lanzamento da nova web arigal.gal. A Asociación Galega de Ãridos, que integra o 93% das empresas do sector dos áridos en Galicia, participa nas accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico impulsado pola Xunta de Galicia.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do novo web da Asociación Galega de Ãridos-ARIGAL, entidade que integra un total de 60 empresas que supoñen o 93% das especializadas no sector dos áridos en Galicia e que participa nas accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico impulsado pola Xunta, aprobado en agosto do ano pasado.

García Gómez destacou “o compromiso de ARIGAL coa lingua propia de Galicia, desde as súas accións de responsabilidade social co territorio e coa comunidade na que se asenta esta industria que leva xa case 20 anos liderando o seu sector e impulsando diversos proxectos de innovación orientados a modernizar o funcionamento das súas empresas asociadas para facelas máis eficaces e competitivas, un exemplo de que a responsabilidade e innovación social van da man do idioma galego”.

O novo web corporativo de ARIGAL, www.arigal.gal, incorpora un deseño máis visual e adaptado para o seu acceso desde dispositivos móbiles, a canle de acceso a internet de maior cremento arestora, cunha estrutura máis clara e simplificada. Participaron tamén na rolda de prensa o presidente da entidade, José Lista Tasende, e o seu director, Carlos Martínez Torres.
Máis galego na economía e na empresa

Desde agosto de 2016, Galicia conta por vez primeira cun Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico, unha folla de ruta elaborada en colaboración con 314 axentes do ámbito socioeconómico que ten como meta desenvolver as directrices aprobadas por unanimidade do Parlamento galego no ano 2004 no marco do sector 4 do Plan xeral de normalización da lingua galega.

Con el, búscanse tres obxectivos estratéxicos principais para aumentar o uso do galego na economía e na empresa: crear conciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relación laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua galega no ámbito económico, nas relacións laborais, comerciais e empresariais, tanto na oferta coma na demanda de produtos e servizos; e utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado.

Recolle un amplo abano de accións e medidas -81 en total- encamiñadas a darlle cumprimento aos obxectivos de reforzar e aumentar a presenza do galego no sector da economía, non só para ampliar os lazos comerciais das empresas galegas, senón tamén para xerar un efecto multiplicador no resto da sociedade tendo en conta o importante papel que xogan as empresas á hora de crearen dinámicas de promoción do uso da lingua propia de Galicia. Todas elas buscan incidir no incremento do uso do galego e na súa visibilidade desde as dez áreas que contempla o sector: hostalería, comercio, alimentación, TIC, construción e inmobles, banca, asesoramento e intermediación, axencias de publicidade, área de traballo e cooperativismo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-04-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES