Notas de prensa

O programa Viraxe TIC impulsa a creación de contidos dixitais en Galicia

Con este obxectivo elaborarase un estudo sobre as oportunidades de negocio neste ámbito, celebraranse foros de networking e porase en marcha un servizo de asesoramento. A segunda fase incentivará o desenvolvemento dos novos produtos e servizos conxuntos entre ambos sectores con axudas de 3,7 millóns.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), xunto co Clúster TIC de Galicia e o Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) formalizaron a posta en marcha de Viraxe TIC, un programa que busca acelerar o desenvolvemento e a competitividade do sector de contidos dixitais na Comunidade e que implica ao conxunto do hipersector TIC galego, un sector estratéxico para o crecemento económico-social da Comunidade, que representa o 2,3% do PIB galego e emprega a máis de 19.500 persoas.

O convenio asinado entre a directora da Amtega, Mar Pereira, e os presidentes do Clústers tecnolóxico e audiovisual, Antonio Rodríguez, e Andrés Barbé, supón o punto de partida da primeira fase de Viraxe TIC, a de identificación e definición de proxectos conxuntos entre empresas de ambos sectores no ámbito dos contidos dixitais. Esta primeira etapa do programa conta cun orzamento de 300.000 euros, dos cales 270.000 euros serán achegados pola Amtega e o importe restante por ambos Clústers.
Primeira fase: análise de oportunidades, foros e servizo de apoio

A primeira fase de Viraxe TIC abrangue tres liñas de actuación: a análise das oportunidades de negocio para o sector dos contidos dixitais; a celebración de foros de intercambio e networking entre o sector TIC e o audiovisual e a prestación de servizos de asesoramento.

A elaboración dun estudo para identificar os principais ámbitos de actuación ofrecerá unha detallada análise do panorama actual do sector dos contidos dixitais ante as novas e as perspectivas do sector ante as novas tendencias e os casos de referencia.

O acordo contempla tamén a celebración de espazos abertos e foros para a colaboración, o intercambio de coñecemento e o networking entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. En outubro celebrase un evento de posicionamento rexional de encontro entre todos os axentes do ecosistema da innovación tecnolóxica en torno ao sector de contidos dixitais, que permita promover e reforzar alianzas entre os axentes locais e expertos de recoñecido prestixio no sector a nivel internacional.

A terceira liña de actuación é a posta en marcha dun servizo de apoio e asesoramento para facilitar o desenvolvemento de grandes proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. O obxectivo é facilitarlles ás empresas de ambos sectores que desexen abordar iniciativas conxuntas soporte para a análise da viabilidade técnica, operativa, económica e comercial do proxecto e para a identificación de referentes e casos de éxito.

Nunha segunda fase, o Programa ViraxeTIC incentivará o desenvolvemento deses novos ou mellorados produtos, procesos e servizos indentificados na primeira parte do programa para impulsar a modernización e innovación tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais de Galicia.

Con este obxectivo está previsto o lanzamento dunha liña de axudas dotada con máis de 3,7 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e de contidos dixitais no período 2017 - 2019.

As actividades derivadas deste convenio enmárcanse nos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia 2020, impulsada pola Amtega, para promover o liderado de empresas a través da incorporación das TIC, tanto nos procesos internos como de negocio para impulsar a súa innovación tecnolóxica, competitividade e xeración de emprego.

É por isto, que a Amtega xunto co Clúster TIC e o CLAG conviñeron en coordinar esforzos para impulsar actuacións no marco do Programa ViraxeTIC co fin de maximizar o aproveitamento da aplicación das TIC no ámbito dos contidos dixitais de Galicia, como baluarte do crecemento económico e social vinculado á economía dixital.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES