Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (turismo-catedral-santiago.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), fixo hoxe públicos os datos turísticos do pasado mes de febreiro que constatan un crecemento do 1,7% en viaxeiros aloxados en hoteis e pensións da comunidade. En concreto, foron 207.958 persoas que fixeron 361.675 noites nos establecementos hoteleiros. Os datos rexistrados indican que con case 208.000 viaxeiros, Galicia marca un máximo histórico no mes de febreiro en hoteis e pensións. Estes datos completaranse cos do resto de aloxamentos que de novo fará públicos o INE nos vindeiros días. O turismo de ámbito nacional, con 171.000 noites o pasado mes de febreiro tamén rexistra a cifra máis elevada desde 2008.

Opinión

Opinion"Carta, 1989 dezembro 2, Ferrol, a Carballo Calero Arribe Dopico, Maria Dores. Felicítao pola creación do certame literario que leva seu nome e que vai convocar o Concello de Ferrol. Comenta que leu un artigo seu titulado "Pico de Coaña" e en relación con isto fai referencias a persoas de Ferrol con este apelido | ...
Rivero, Manuel

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (roland-mon-amour.jpg) O Centro Dramático Galego coproduce coa creadora Cris Balboa e o Centro Dramático Nacional o espectáculo Roland mon amour, que se estrea mañá no Teatro María Guerrero de Madrid, onde permanecerá en cartel ata o 20 de abril. Desde a sede da compañía pública estatal porá rumbo cara á da unidade teatral da Xunta de Galicia, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, para ofrecer unha función o 10 de maio como parte do festival Escenas do Cambio, promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Cris Balboa é a autora, directora e intérprete desta peza de artes vivas, que ela mesma define como “monodrama de desexo e música” e na que mestura o son electrónico, a acción escénica e o movemento para converter o teatro nun acto de conexión íntima e compartida.

Notas de Galicia

A 23 edición do Encontro Universitario de Danza (EUD) xuntará os días 8 e 9 de abril no Teatro Principal os mellores traballos das compañías das tres universidades públicas galegas. Á Compañía de Danza da USC, nada ao abeiro do Espazo de Danza baixo a dirección de Juan Carlos Zahera, únese a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Aula de Danza da Universidade de Coruña. O EUD trasladarase ao Campus de Lugo entre os días 8 e 10 de maio.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (sergas-espera.jpg) Máis do 65 % dos servizos de atención primaria de Galicia xa contan cun Plan local de Saúde, que adaptan a asistencia sanitaria ás necesidades de cada poboación, e dos que se benefician máis de 1,7 millóns de galegos e galegas. Desde a posta en marcha dos primeiros 14 plans locais de saúde no ano 2022, este modelo estendeuse ata acadar na actualidade 95 servizos de atención primaria. O obxectivo é que no ano 2026 estes plans cheguen á totalidade dos servizos deste nivel asistencial. A idea é que o persoal de cada centro participe en labores de promoción e prevención da saúde, en colaboración cos servizos do seu concello, os centros educativos, os servizos sociais, as asociacións e a cidadanía.

Notas de Galicia

Ata o 16 de maio, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle unha nova mostra. Trátase de 'Pensamento construído', do escultor Enrique Conde e comisariada por Xavier Riomao, artista, profesor da Universidade de Vigo e coordinador do ciclo expositivo desta sala Reciprocidade. A exposición foi inaugurada este xoves pola tarde noite nun acto que contou coa participación, ademais do artista e o comisario, de Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (jose_luis_ucd.jpg) No me importa tu apellido,
ni sé tampoco cuál es.
Siempre serás José Luis.
Trabajaste en UCD.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES