//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
A Xunta homenaxea o intelectual Carvalho Calero coa reedición facsimilar dunha das súas obras máis senlleiras: Prosa galega. Trátase dun traballo emblemático do que foi o primeiro catedrático de galego.
Nas probas participaron 90 candidatos e candidatas das máis de 200 solicitudes recibidas. O tribunal estivo presidido por Quico Cadaval, director escénico da nova produción da compañía pública.
A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral.
Ata o 31 de marzo a Casa de Galicia en Madrid amosa a obra do escultor Santiago de Santiago titulada Panorámica no tempo: unha escolma da súa dilatada traxectoria artística a través dunhas 30 pezas de variados temas como os bustos da Raíña Sofía e Don Juan.
La iniciativa que se puede ver hasta el 9 de marzo persigue fomentar el turismo en la ciudad. Las fotografías son sobra de Victor Rivera Jove y Eloy Taboada.
Agadic colabora co Primavera Sound na organización de seis showcases de bandas galegas na área profesional do festival. Os grupos seleccionados tocarán a finais de maio diante de público especializado de diferentes países.
No Salón Teatro de Santiago de Compostela, e no marco dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego, a compañía portuguesa Teatro Oficina representa Rua Gagarin sobre un texto de Burke.
A Consellería de Cultura e Turismo e Avanced Music promoven a segunda edición do Festival Internacional de Música Avanzada-Sónar 2011, no que M.I.A., unha figura clave no panorama actual da música electrónica, ofrecerá as súas únicas actuacións en España.
Sarabela Teatro pon en escena o venres, 25 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui a obra titulada Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas. Trátase dunha comedia infantil con 60 minutos de duración.
A intérprete francesa, voz de Stereolab, Laetitia Sadier, presenta The Trip no Salón Teatro de Compostela o domingo 20 de febreiro. Trátase do seu debut en solitario no que se presenta cun ton máis introspectivo. O concerto enmárcase no encontro coa música de vangarda a través do Festival Sinsal.