//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
A tv-movie Mar Libre aspira a dez dos premios, entre eles mellor película para televisión, mellor director, mellor dirección artística e dirección de fotografía, mentras que Checkout aspira a levarse o premio á mellor curta de animación.
Este proxecto implica a entidades de 14 países e opta ao programa Interreg IV-C no apartado de innovación e economía do coñecemento. Prevese a creación do Observatorio das Industrias Culturais e Creativas.
A miniserie Mar Libre, coproducida por Ficción Producciones e a TVG e ambientada nas costas galegas do século XVIII, foi seleccionada para o The 44th Annual Worldfest-Houston.
Antón Bao gabou o traballo da agrupación cultural de Pol como exemplo de dinamismo cultural e comprometeu a actuación de Leña Verde no ciclo de Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación.
O CGAI celebra o seu XX aniversario coa estrea de Todos vós sodes capitán, película galega galardoada en Cannes de Oliver Laxe, e a proxección de imaxes inéditas de Galicia do NO-DO. Inaugurouse en 1991 para recuperar, catalogar e difundir o patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
Galicia Importa 2011 ten programados en abril e maio os concertos de Pete Doherty, Jay Jay Johanson e Matthew Stephen Ward nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, respectivamente.
Carne de canón, Paraísos, Señora Carmen e Como eliminar as manchas de vómito emítense ata o día 25 na Radio Galega para ser votadas polos oíntes. A gala de entrega dos premios da audiencia celebrarase o 3 de maio no Salón Teatro de Compostela.
O cinema da Segunda República sométese a análise no XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine que se celebra na Facultade de Ciencias da Comunicación e que premia o labor do productor Enrique Cerezo e do actor Germán Cobo.
O catedrático de Literatura Francisco Rodríguez, destaca a figura de Rosalía de Castro como unha persoa de gran cultura que tentou vivir da literatura, antepoñéndoa á maternidade.
O Salón Teatro de Compostela ofrece unha función da versión de Os vellos non deben de namorarse recuperada por Teatro do Morcego o venres, 11 de marzo, ás 20:30 h. A obra regresa aos escearios galegos dez anos despois da súa estrea. Esta farsa en tres lances conta a historia de amor de tres vellos.