Archivo (11 del 2025)

Buscador

Noticias

Sete creadores galegos participarán en Madrid no espazo Ventá á literatura galega, no marco do Festival EñeEsta cita internacional reúne, desde principios desta semana e ata o 30 de novembro, 180 autores de 23 países de Europa e Latinoamérica nun total de 90 actos que se están a desenvolver nesta cidade e na de Málaga. O festival contará coa presenza dos guionistas Pepe Coira e Araceli Gonda, a compositora e música Su Garrido e os poetas Samuel L. París, Olga Novo e Miriam Reyes, estas dúas últimas Premios Nacionais de Poesía 2025 e 2020, respectivamente. Deste xeito, baixo a ollada de Camilo Franco, despregaranse tres encontros que 'permitirán dar a coñecer como se contan hoxe as historias desde Galicia e como a creación contemporánea rompe os límites entre xéneros e formatos'.
INTUR Valladolid reúne a 70 turoperadores procedentes de 20 países de Europa, América e Asia que buscan coñecer propostas que lles permitan deseñar e atender a demandas actuais que buscan experiencias exclusivas, personalizadas, accesibles que inclúan mascotas, dirixidas a viaxeiros senior, familias e grupos organizados, parellas e viaxeiros individuais. A cita celébrase como no recinto de Feria de Valladolid e Turismo de Galicia participa cun stand institucional despregado nunha superficie de 100m2 para dar a coñecer de xeito personalizado, os recursos e produtos turísticos da comunidade.
Tivo lugar a entrega dos Premios do Comercio Galego 2025 nun acto no que se aproveitou para presentar en sociedade a nova imaxe do Comercio Galego, coincidindo ademais co arranque dunha nova campaña autonómica para darlle un pulo ao sector. Os premiados foron as compostelás Creativas Galegas (Premio Comercio Galego), polo seu Mercado Galego da Creatividade, a lucense Panadería Pallares (Premio Comercio Traxectoria), coa quinta xeración familiar ao cargo, Amoras (Premio Comercio Emprende), polos seus orixinais proxectos comerciais, e Viveiro Centro Comercial Histórico (Premio Comercio Dinamización) pola súa campaña Escolle o teu empregado do mes.
A iniciativa Visit Minho Plus está liderada pola AECT Rio Minho e conta coa colaboración de Turismo de Galicia. Para o seu desenvolvemento, está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. Portugal constitúe o máis importante mercado emisor para Galicia. De xaneiro a setembro deste ano, visitaron a nosa comunidade 232.031 turistas que procedían do país luso. No referente ao Camiño de Santiago, é o 4º país estranxeiro do que proceden máis peregrinos, con máis de 22.000 persoas que recolleron a Compostela no que vai de 2025.
Underfest Xacobeo volve este mes de novembro de 2025 coa súa oitava edición, converténdose nunha cita indispensable na que Vigo volve recibir público non só de Galicia, senón, tamén do resto de España e do estranxeiro, con seguidores que nas últimas edicións do festival chegaron de lugares tan dispares como Tokio, Londres, Frankfurt, Dublín, Lisboa ou Edimburgo. No cartel do Underfest Xacobeo 2025, co apoio de Turismo de Galicia, danse cita nomes como os lendarios The Psychedelic Furs, <>, Dewolff, We Are Scientists, Tahiti 80, Chucho, Maximilian Hecker, The Devils, Sr. Chinarro, Cápsula, Black Stereo, Incurable, Nenu e The Freebillies, entre moitos outros. Neste 2025, o Underfest Xacobeo completa un programa no que suma destacados nomes internacionais e nacionais, ademais do mellor talento galego.
A Estratexia da Economía Azul de Galicia cumpre o seu primeiro ano consolidando á comunidade como referente internacional en sustentabilidade e innovación mariña, ao garantir que o mar siga sendo motor de crecemento económico, protección ambiental e benestar social para as vindeiras xeracións. Esta Estratexia , elaborada xunto á comunidade científica, entidades públicas e privadas e a cidadanía, está composta por 40 medidas que nacen do diálogo e do consenso con máis de 200 axentes implicados, e que se sustentan en tres piares fundamentais: sostibilidade, innovación e cooperación.
Os adolescentes están rexistrados en redes sociais de forma masiva: o 92,5% participa en polo menos unha rede social e o 75,8% en tres ou máis. Mesmo nos últimos cursos de Primaria, o 78,3% xa ten presenza nalgunha rede. Pero o impacto da tecnoloxía vai moito máis alá do lecer ou a comunicación. Estes son algúns dos resultados de 'Infancia, adolescencia e benestar dixital. Unha aproximación desde a saúde, a convivencia e a responsabilidade social', estudo elaborado pola USC, Red.es, UNICEF España e o Consello Xeral de Colexios de Enxeñería Informática, froito dunha consulta a case 100.000 nenos, nenas e adolescentes de toda España, e que ofrece unha fotografía nítida dunha xeración hiperconectada e que, aínda que máis consciente dos perigos da Internet, segue enfrontándose a graves desafíos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello ratificou a resolución adoptada pola Asesoría Xurídica de presentar dous recursos contencioso-administrativos diante do Tribunal Supremo fronte aos dous reais decretos aprobados este verán polo Goberno central, os cales regulan os traslados obrigatorios de menores migrantes non acompañados e a capacidade ordinaria de acollida das comunidades autónomas. Trátase das dúas normas que desenvolven o Real decreto lei 2/2025, do 18 de marzo, a través do cal o Executivo central impuxo unha distribución de menores chegados a Canarias, Ceuta e Melilla entre as distintas comunidades e dos cales máis de 300 virán a Galicia.
A Filmoteca de Galicia súmase á celebración dos 20 anos de Cinema en Curso cun ciclo conmemorativo arredor deste programa internacional de pedagoxía do audiovisual, coordinado na nosa Comunidade pola cinemateca da Xunta, durante o que a sala José Sellier da Coruña recibirá diferentes cineastas vinculados a esta iniciativa de creación e mediación artística. Baixo o título Compartir o cinema. 20 anos de Cinema en Curso, o especial arrancará mañá martes, ás 19,00 horas, cunha primeira sesión na que intervirán Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos López e Ángel Santos, catro dos profesionais galegos que veñen colaborando coa Filmoteca de Galicia na titorización dos filmes realizados polo alumnado de primaria e secundaria dos diferentes centros escolares que, en cada novo curso escolar, participan nesta iniciativa.
A Rede CIGUS está conformada por 10 centros das tres universidades públicas galegas (USC, UVigo e UDC) e aglutina a máis de 1.600 investigadores. Baixo a marca CIGUS, a Xunta financia, vertebra e visibiliza a investigación universitaria de excelencia. Nos últimos catro anos logrou captar máis de 180 millóns de euros en proxectos competitivos, o que supón un notable retorno económico nunha rede á que a Xunta leva destinados case 68 millóns. De feito, na convocatoria actual -na que oito centros renovaron a súa acreditación e dous se incorporaron- incrementouse nun 31% a achega do Goberno autonómico.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (439)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES