Archivo (8 del 2022)

Buscador

Noticias

O circuíto das Feiras do Libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia experimentou este ano un incremento tanto nas vendas como no número de librarías participantes nos eventos. As citas deste ano involucraron a un total de 90 librarías, o que supón un incremento do 26% en relación ao pasado ano. En total, o circuíto de Feiras do Libro está composto por 13 paradas que inclúen preto de 900 actividades como sinaturas de libros, actividades infantís e presentacións, entre outras, que tiveron lugar nas máis de 130 casetas instaladas nas rúas de diferentes puntos de Galicia.
En concreto, contruiranse novos viveiros en Cospeito, Bóveda e Baleira (Lugo), así como na Veiga e no Carballiño (Ourense). Tamén en Val do Dubra (A Coruña) e Dozón (Pontevedra). Estarán apoiados a través de axudas autonómicas que suman 1,68 millóns de euros e que alcanzarán un investimento total de 2,3 millóns. Xunto con estas axudas, a Xunta de Galicia tamén concedeu 3,25 millóns de euros para impulsar a mellora das infraestruturas dos polígonos empresariais de 38 concellos galegos para acondicionar viais, instalar sistemas de seguridade e vixilancia, xestionar residuos e depurar augas, entre outras actuacións.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.475, deles 340 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 250 da de Ourense, 171 da de Pontevedra, 167 da área de Vigo, 213 da de Santiago e 104 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 137 en unidades de hospitalización e 1.332 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 668.465 persoas curadas, rexistrándose 3.877 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.969.344.
Un total de 88 proxectos disruptivos focalizados no sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados optan a entrar na 4ª edición da Business Factory Aero (BFAero). Trátase do mellor rexistro obtido nas catro edicións do programa de incubación, aceleración e consolidación. Un total de 36 proxectos optan a entrar no itinerario de incubación (41 % do total de candidaturas presentadas), 39 no de aceleración (44%) e 12 no de consolidación (14%). Ademais, do total de proxectos candidatos nesta cuarta convocatoria da Business Factory Aero, un 61% son empresas constituídas e un 39% corresponden con ideas de proxectos empresariais.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.450, deles 348 son da área da Coruña, 209 da de Lugo, 245 da de Ourense, 159 da de Pontevedra, 172 da área de Vigo, 206 da de Santiago e 105 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 1.290 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 668.196 persoas curadas, rexistrándose 3.873 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.968.560. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.720.065.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade continúa a promover a responsabilidade social empresarial (RSE) a través do programa Responsabilízate, para axudar a unhas 180 pemes galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade. O programa permite asesorar de xeito gratuíto ás firmas participantes na incorporación de criterios sostibles á súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza. A actuación, ademais, inclúe o acompañamento na posta en marcha de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades.
Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra é un evento de comercialización directa e de divulgación dos oficios artesanais no que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia. Os 19 expositores que comercializan as súas pezas neste evento representan 11 oficios diferentes: a marroquinería, a madeira, a elaboración de roupa, o pirogravado, a cerámica, o téxtil, a olería tradicional, a xoiería, os xoguetes, a bixutería e o vidro. Ao longo de toda a xornada celebraranse tamén tres obradoiros gratuítos e abertos ao público.
O DOG publica hoxe a convocatoria para iniciar o proceso de inscrición das entidades colaboradoras da iniciativa dos bonos dixitais, dirixido a operadores de telecomunicación e empresas que ofrezan servizos de internet. Unha vez que se publique no DOG o listado de entidades colaboradoras poderán solicitarse os bonos, que facilitarán a contratación de servizos de internet a persoas vulnerables, cun orzamento de 1,3 millóns de euros, que forman parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou a aposta de Galicia pola cogobernanza co sector como unha das chaves para superar os retos aos que se enfronta o complexo mar-industria e manter a súa posición de referente europeo, entre eles a revisión da Política Pesqueira Común (PPC) e o desenvolvemento da economía azul. A titular de Mar salientou que Galicia é a principal rexión pesqueira española e europea e que o seu modelo de xestión se basea na cooperación.
OUR FEST converterá a Ourense no epicentro da música cun cartel que aúna a bandas, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras a nivel nacional, como a de Julián Maeso Big Band que ofrecerá un concerto especial en formato Big Band. Os asistentes poderán gozar durante unha xornada moi completa de seis concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto dispoñerán de barras e zona gastro con diversas ofertas de restauración.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES