Archivo (8 del 2022)

Buscador

Noticias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta aplicará ata o 31 de decembro, un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderáas rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol. A redución temporal do prezo aplicarase ás tarifas dos bonos mensuais, así como ás viaxes aboadas coas tarxetasde Mobilidade de Galicia. Rueda, quen enmarcou esta nova medida na aposta da Xunta pola mobilidade sostible, fixo referencia aos fondos anunciados en xuño polo Goberno central para que as autonomías apliquen unha bonificación de ata o 50% no transporte da súa competencia a partir do 1 de setembro.
A 70ª Temporada Lírica da Coruña ofrecerá unha quincena de citas ata o mes de decembro, entre recitais, galas e actividades formativas. Ademais de Asmik Grigorian, premio á mellor cantante feminina nos International Opera Awards de 2019, esta mesma semana o Teatro Colón acolle a versión concerto de A forza do destino, de Guiseppe Verdi, con dirección de Guiseppe Finzi e con Angela Meade, Alejandro Roy e Borja Quiza nos papeis principais. Tras a celebración da Gran Gala Lírica o 10 de setembro baixo a batuta de Pérez Sierra, os días 22 e 24 deste mes chegará outro dos pratos fortes da programación coa escenificación no Teatro Colón da ópera Norma, de Bellini, título emblemático do repertorio universal.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.514, deles 308 son da área da Coruña, 197 da de Lugo, 269 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 216 da área de Vigo, 230 da de Santiago e 109 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en UCI, 116 en unidades de hospitalización e 1.394 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 669.315 persoas curadas, rexistrándose 3.886 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.971.399. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.723.990.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.564, deles 332 son da área da Coruña, 213 da de Lugo, 274 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 211 da área de Vigo, 236 da de Santiago e 110 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 123 en unidades de hospitalización e 1.433 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 669.016 persoas curadas, rexistrándose 3.882 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.970.732. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.723.069.
O EAN ofrece a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás –nun foro aberto ao intercambio de ideas, experiencias e procesos creativos– e aprender de artistas consolidados que participan no encontro como relatores. Nesta ocasión cóntase coa presenza do fotógrafo Tono Arias, dos creadores visuais Beatriz Lobo e Miguel Scheroff e da artista multidisciplinar Ana Esmith, coñecida no eido da performance como Miss Beige, nome co que ten colleitado o aplauso de crítica e público.
A Cidade da Cultura despide a exposición 'Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020' que xa colleitou preto de 30.000 visitas desde a súa apertura no mes de abril. A mostra ofrece a posibilidade de contemplar unha das antoloxías sobre deseño contemporáneo e arte surrealista máis sobresaíntes. Este proxecto exhibe unha escolma de 280 obras que inclúe pinturas, esculturas, obxectos ou fotografías, pezas asinadas por artistas tan significativos como Man Ray, Le Corbusier, Salvador Dalí, Giorgio de Chirico, Meret Oppenheim, Ray Eames ou Frederick Kiesler, entre outros.
A economía galega medrou no segundo trimestre do ano 2022 un 4,4% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior. O instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao segundo trimestre deste exercicio. En canto á evolución intertrimestral, o PIB autonómico medrou un 1,1%. Desde o punto de vista da demanda, neste segundo trimestre o gasto en consumo final dos fogares e ISFLSF medrou no último ano un 1,8% e as exportacións de bens e servizos aumentaron un 7,3%. No que respecta á oferta, en termos anuais, os servizos medraron un 6,5%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+19,7%); e a industria manufactureira un 4,7%.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.635, deles 368 son da área da Coruña, 236 da de Lugo, 274 da de Ourense, 200 da de Pontevedra, 198 da área de Vigo, 234 da de Santiago e 121 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 114 en unidades de hospitalización e 1.514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 668.594 persoas curadas, rexistrándose 3.877 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.969.967. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.722.584.
Comeza o próximo 30 de agosto no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ourense Centro e Sur, un taller de competencias básicas de emprendemento para persoas de máis de 18 anos cunha idea de negocio que desexen desenvolver seguindo a filosofía maker. A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron esta actividade no curso dunha visita ás dependencias deste Polo situado en Verín, coa que o Goberno galego estrea o programa da Academia Makers que nace para impulsar a creación de empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O cantante e compositor Amancio Prada ofrecerá este verán catro concertos en espazos monumentais de Galicia, concretamente nos concellos de Santiago de Compostela, Meis, Agolada e Noia. A primeira das citas terá lugar este sábado 27 na igrexa de San Martiño Pinario, onde o artista ofrecerá un recital dedicado por completo a vida e obra de Rosalía de Castro con poemas musicados como Adiós ríos, adiós fontes, Como chove miudiño ou Airiños, aires. Desde 1974, Amancio Prada ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro, cuxa obra coñeceu por primeira vez con 19 anos e vivindo en Castela e León.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES