Archivo (12 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.508, deles 860 son da área da Coruña, 397 da de Lugo, 525 da de Ourense, 866 da de Pontevedra, 1.177 da área de Vigo, 1.347 da de Santiago, e 336 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 295 en unidades de hospitalización e 5.155 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 54.795 persoas curadas, rexistrándose 1.370 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.096.748.
A Consellería do Mar e representantes do sector pesqueiro galego concordaron hoxe en convocar un Consello Galego de Pesca extraordinario nos vindeiros días co obxectivo de analizar polo miúdo o acordo acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido sobre o brexit e avaliar a incidencia que terá na economía da comunidade. Este encontro permitirá aos distintos actores do sector marítimo-pesqueiro de Galicia intercambiar as súas impresións sobre o acordo e deseñar a estratexia galega na defensa dos intereses do sector de cara a paliar na medida do posible os efectos negativos que terá de xeito directo na frota galega pola perda de cotas de pesca e outras derivadas da xestión e ordenación da pesqueiras.
A Xunta lanza unha nova versión da aplicación PassCovid máis intuitiva e con novas funcionalidades. Así a app posibilita a autodeclaración de contactos para que as persoas que estiveran en contacto cun positivo poidan trasladar esta información desde o móbil ao Centro de Seguimento de Contactos. Outra das novidades é que se simplifica o acceso, evitando aos usuarios a obrigatoriedade de elixir entre usuario anónimo e identificado e, ademais, xa se está a activar progresivamente o rexistro en establecementos. Desde finais de outubro máis de 58.000 persoas descargaron PassCovid, unha app para axudar ao coidarnos fronte á Covid e unha canle de contacto permanente entre as autoridades sanitarias e a poboación.
Un total de 56 centros escolares (22 da Coruña, sete de Lugo, sete de Ourense e 10 de Pontevedra) incorpóranse este ano ao programa Club de Letras, unha iniciativa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade implantou por primeira vez no pasado curso co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas, tanto orais como escritas, do alumnado a través de distintas actividades que fomenten o debate, a reflexión e a lectura crítica. O departamento educativo destina un total de 100.000 euros a esta convocatoria, e cada un dos centros recibirá unha achega económica de 1.000 euros para a posta en marcha do programa.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.655, deles 878 son da área da Coruña, 370 da de Lugo, 522 da de Ourense, 904 da de Pontevedra, 1.265 da área de Vigo, 1.321 da de Santiago, e 395 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 286 en unidades de hospitalización e 5.318 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 53.391 persoas curadas, rexistrándose 1.354 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.072.702.
A Xunta de Galicia iniciará o vindeiro domingo, 27 de decembro, a campaña de vacinación da covid-19 nunha residencia sociosanitaria da área de Santiago de Compostela. Trala confirmación esta tarde ás autoridades sanitarias galegas, por parte do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, do envío inicial de 500 doses, a Xunta vese obrigada a variar o plan inicial previsto, no que se contemplaba a vacinación simultánea en residencias das sete áreas sanitarias da comunidade.
Logo de analizar no Consello da Xunta o informe sobre o impacto dos recortes nas cotas de pesca fixadas en Bruxelas para 2021, Feijóo subliñou hoxe que a rebaixa das posibilidades de pesca suporá un impacto duns 26 millóns de euros para a economía galega. O Consello de Ministros de Pesca da UE aprobou a semana pasada recortes nos coñecidos como Totais Admisibles de Captura (TAC) para augas do Cantábrico-Noroeste e, segundo incidiu o presidente da Xunta, a frota galega perde un 7,6% de cota con respecto ao ano 2020”.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación do decreto de prórroga dos actuais orzamentos, que se aplicará ata que entren en vigor as contas públicas aprobadas para 2021. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que os orzamentos prorróganse debido ao retraso na achega por parte do Goberno central da información necesaria para poder elaborar o teito de gasto. “Isto provocou a necesidade de prorrogar os orzamentos, polo menos, durante as primeiras semanas de 2021”, dixo, precisando que con esta prórroga garántese o normal funcionamento da Administración e dos servizos públicos que presta, como o sanitario, educativo e servizos sociais.
A Cidade da Cultura convida as familias durante o Nadal a gozar dunha ampla oferta cultural que inclúe tres concertos para toda a familia que poderán verse de balde ao vivo e tamén a través de streaming. A programación complétase coas seis exposicións e intervencións artísticas que agora mesmo poden visitarse no Museo Centro Gaiás, a Biblioteca de Galicia e as Torres Hejduk –contando con visitas comentadas gratuítas– e coa iluminación festiva de todo o complexo, coa Vía Láctea como eixo condutor.
O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de Ordenación do Territorio (LOT), un novo instrumento que actualiza e substitúe a unha norma con 25 anos de vixencia co fin de dotar á Comunidade autónoma dun novo instrumento urbanístico máis útil, clarificador e eficaz. Durante unha breve intervención tras o debate parlamentario sobre a lei, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defendeu que unha vez entre en vigor a comezos do próximo ano, a LOT garantirá a cohesión social e mellorará a calidade de vida de todos os galegos, completando así o camiño que se iniciou no ano 2016 coa aprobación da Lei do Solo e posteriormente, do seu regulamento.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES