Archivo (11 del 2019)

Buscador

Noticias

Os sábados 7 e 14 de decembro, ás 17,30 horas, o público de todas as idades poderá gozar da música da Unión de Guláns e da Unión Musical de Meaño, que lle dan unha volta ao seu repertorio máis tradicional unindo o seu talento ao do grupo de teatro Todos Xuntos e o da compañía galega de novo circo Pistacatro. Crean así dúas propostas escénicas distintas e divertidas, que de seguro gustarán tanto aos maiores como aos máis pequenos da casa. Ambos concertos son de balde, pero con prazas limitadas, polo que para poder asistir cómpre recoller con antelación o convite no Museo Centro Gaiás. Os espectáculos foron galardoados na convocatoria dos premios Innova 2019.
A Asociación Española de Ciencia Rexional vén de premiar o traballo de investigación elaborado polo grupo de investigación GAME da Universidade de Santiago (USC) que estuda o impacto socioeconómico do Camiño de Santiago e que se está a converter nunha eficaz ferramenta para a toma de decisións na xestión galega ao redor da Ruta Xacobea. O traballo, presentado o ano pasado, foi recoñecido co VI Premio Blog a Riqueza das Rexións á mellor entrada de 2019 nesta plataforma da asociación española, pola súa achega á sustentabilidade do Camiño de Santiago. O documento resume parte dos resultados alcanzados no marco dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e este grupo de investigación.
A choiva é un elemento moi característico dos tempos e do clima en Galicia, onde moitas localidades non lembran ningún día seco desde finais de outubro e as previsións apuntan a que as precipitacións continuarán ao longo de todo o mes de novembro, unha situación que provocará que moitas localidades superen os seus récords de xornadas chuviosas consecutivas. Estas e outras curiosidades pluviométricas en Galicia aparecen recollidos na obra ‘Os tempos e o clima en Galicia’, un volume do que son autores dos profesores de Xeografía Física da USC Alberto Martí e Dominic Royé, xunto co meteorólogo Juan Taboada e o xornalista Xavier Fonseca.
Inaugurouse na Biblioteca e Arquivo de Galicia 'Primores do Múltiplo', unha mostra comisariada por Mª Luisa López-Vidriero Abelló co obxectivo de poñer en valor a encadernación e o coleccionismo. Co obxectivo de afondar nos detalles materiais que individualizan un libro encadernado e o diferencian de forma inequívoca, a colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia súmase á de organizacións públicas e privadas comprometidas coa cultura de Galicia como a de Abanca, Manuel Chamoso Lamas, Isaac Díaz Pardo e Camilo José Cela. O resultado desta colaboración é un relato de 500 anos no que queda patente a complexidade dunha arte como a da encadernación, a importancia do coleccionismo e o extraordinario valor da creación conxunta entre editor e artista.
Este Plan Anual, enmarcado no IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, aposta por dar cumprimento aos compromisos adquiridos no ano 2019 cos axentes aos que se lle aprobaron 36 proxectos nas tres tradicionais convocatorias públicas bianuais de concorrencia competitiva. Así, publicaranse as convocatorias de axudas que tradicionalmente xestiona a Cooperación Galega como son as de proxectos no exterior con ONGD e outros axentes de cooperación aos que se destinarán 1,8 millóns en 2020; aos que se suman 500.000 para iniciativas de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global proxectos de acción humanitaria; así como outros 400.000 euros para programas de acción humanitaria.
As sociedades laborais constitúen a segunda familia máis importante da economía social no noso país. Unha fórmula empresarial na que as persoas se sitúan no centro, baseada nos principios da democracia participativa, o traballo en equipo e a colaboración. A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) traballa desde hai dez anos pola promoción, consolidación e a prol da defensa dos intereses dese xeito de facer empresa que demostra a súa utilidade para xerar emprego estable, de calidade e a favor da igualdade. E é que a presenza de mulleres neste eido é cada vez maior.
O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia decidiron outorgar os tres recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo na súa primeira edición a: Luz Casal, que recollerá o galardón como Embaixadora Nacional 2019; Hong-jo Chun, embaixador da República de Corea en España, premio Embaixador Internacional; e os hosteleros Ramón e Francisco Vilas, recoñecidos como Pioneiros. O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia consideran que a cantante Luz Casal representa o sentimento de orgullo pola terra e que coa súa sólida e recoñecida traxectoria artística contribuíu en boa maneira a difusión da marca Galicia por todo o país.
Galicia defende a necesidade de contar con plans de continxencia que inclúan a concesión de axudas á frota afectada por unha posible paralización da actividade en caso dun divorcio abrupto e que se estude a posibilidade de destinar a parte do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) non empregada en anos pasados a achegas para minorar o impacto do brexit. Trátase dunha medida que xa foi trasladada á Comisión Europea e que se defendeu recentemente nunha sesión extraordinaria sobre o brexit e a pesca celebrada no marco da asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico en Portugal e que dá continuidade ao traballo realizado nos últimos meses neste sentido.
Foi presentada na capela de San Fiz de Solovio, a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. Estiveron presentes no acto Segundo Pérez, deán da Catedral de Santiago, Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021, Isaías Calvo, director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria. Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación vai incluír numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polos fitos do Camiño Francés en Galicia.
BioIncubaTech, primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en proxectos biotecnolóxicos aplicados á saúde e ao sector agroalimentario, recibiu un total de trinta propostas na súa primeira convocatoria. As candidaturas recibidas serán avaliadas pola Comisión de Dirección Operativa desta incubadora tecnolóxica da USC. A saúde é o sector con máis propostas recibidas, 24 proxectos que abranguen un amplo espectro de tecnoloxías e servizos para a prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades. As outras seis restantes pertencen ao sector agroalimentario. Recibíronse un total de 18 propostas para a modalidade de preincubación, seis para a modalidade de incubación e seis, para aceleración, segundo o estadio de desenvolvemento de cada proxecto ou empresa.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES