Archivo (7 del 2018)

Buscador

Noticias

Música no claustro regresa á catedral de Tui coa edición de maior envergadura e internacionalidade do festival, deseñado e coordinado por Samuel Diz. Durante sete días, do sábado 4 ao venres 10 de agosto, a programación ofrecerá reencontros coa música, co patrimonio e coa creación, aos que se suma o concerto de presentación realizado o pasado 14 de xuño no Museo Nacional de Escultura. Esta edición con dobre sede pon a atención no nome propio de Diego de Avellaneda, bispo de Tui durante preto dunha década no século XVI e arredor do que se articula un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con músicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe co Ministerio de Fomento o convenio para o desenvolvemento en Galicia do Plan Estatal de Vivenda, con horizonte ata o ano 2021, no marco do que a Xunta publicará en agosto novas axudas por importe de 12,5 millóns de euros. Vázquez Mourelle explicou que estas novas subvencións se dirixirán á mellora da eficiencia enerxética nas vivendas; ao fomento da conservación, seguridade e accesibilidade; e á adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por mozos menores de 35 anos.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar a revisión da matricula dos centros escolares públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial para o vindeiro curso 2018/19, un proceso habitual que se leva a cabo todos os anos antes do inicio de cada curso co fin de adecuar o número de unidades ao de alumnas e alumnos matriculados en cada centro educativo. Conforme aos datos definitivos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo 2 escolas unitarias, debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros.
A Xunta ten previsto mobilizar 15 millóns de euros en préstamos para impulsar o acceso ao circulante das pemes e os autónomos galegos a través do lanzamento nas próximas semanas dunha nova convocatoria do programa Resolve, co obxectivo de colaborar co tecido empresarial galego e contribuír ao mantemento do emprego mellorando a situación financeira de arredor de 100 pequenas e medianas empresas. Así, favorecerase o funcionamento diario das pequenas e medianas empresas facilitando a concesión de préstamos a partir de 3000 euros. Como novidade este ano, increméntase o importe máximo dos créditos ata os 500.000 euros, fronte aos 150.000 da anterior convocatoria.
O 79,3% dos concellos galegos que dispoñen dun sitio web contan con sede electrónica, o que supón un incremento do 49,9% nos últimos dous anos. Así se desprende dos resultados do informe 'A Administración electrónica nos concellos galegos', que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Este informe está incluído no Plan Galego de Estatística 2017-2021 e avalía cada dous anos a situación das infraestruturas, equipamento e nivel de desenvolvemento da sede electrónica nos concellos, entre outros indicadores.
Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.
A comunidade galega é a primeira de España en dispoñer dun Plan de Ordenamento do territorio que se vai aplicar nos 38 concellos de menos de 5.000 h. que aínda se rexen polas Normas Provinciais de 1991 e, complementariamente, nos 177 suxeitos a normas subsidiarias municipais ou PXOM desactualizados, o que suporá importantes beneficios en materia urbana para todos os núcleos de poboación de Galicia.
Ábrese un período de consultas preliminares ao mercado para deseñar as solución e servizos para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas do consumo, e poñerase en marcha unha canle dixital para o ámbito educativo e a creación de contidos multimedia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que Galicia vai recibir un total de 170 millóns de euros dos fondos de emprego dos Orzamentos Xerais do Estado, que supoñen un 8,7% máis que o pasado ano e que a converten na terceira comunidade que rexistra un maior incremento. Segundo precisou, son 13,3 millóns de euros máis cos que Galicia, grazas ao seu grao de cumprimento das políticas activas de emprego, duplica a media das comunidades autónomas no reparto de fondos, que é do 3,2%.
A Banda Artística de Merza, considerada a máis antiga de Galicia, réndelle tributo a Queen no marco do programa Atardeceres no Gaiás e dos actos de celebración do 190º aniversario da súa fundación. A formación crucense estará acompañada polo coro vigués Gli Appassionati neste concerto de estrea do novo proxecto Queen Symphony, que se poderá seguir mañá ás 21:00 horas con entrada libre e de balde, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañados polo alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; e mais polo presidente e director da banda, Francisco Fernández e David Fiúza, respectivamente.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (170)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES