Archivo (10 del 2018)

Buscador

Noticias

As titulacións que se abordarán ao longo deste curso divídense en dous grupos. Por unha banda, 7 titulacións que, aínda que contan con demanda, están a ofertarse en máis dunha universidade do sistema. Neste caso proporanse accións para diversificar a oferta mediante orientacións. Por outra banda, traballarase na redefinición de tres parellas de enxeñarías habilitantes que se imparten en dúas universidades diferentes e comparten unha falta xeneralizada e persistente de alumnado. Ningunha destas parellas de enxeñarías acada no presente ano académico os 50 alumnos matriculados.
A selección dos proxectos primouse o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións que supoñan un avance significativo ou un alto impacto económico. Así mesmo, nesta convocatoria destinarase un 8% máis de orzamento que na anterior, chegando aos 27 millóns de euros en axudas para beneficiar a un total de 169 empresas –o 93% pemes–, e a 24 centros tecnolóxicos e organismos de investigación, co obxectivo de xerar 72 empregos cualificados.
A Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega da Xunta de Galicia comprende, entre outras iniciativas, o programa Galicia Exporta, a iniciativa Bolseiros de Internacionalización e o Plan de Fomento das exportacións galegas (FOEXGA), para conseguir que as exportacións galegas representen o 40% do P.I.B. da nosa Comunidade. Tendo superado a barreira dos 21.000 millóns de euros en 2017, Galicia bate records cun superávit comercial de 2.695,8M€ nos primeiros oito meses de 2018.
A Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebra o vindeiro sábado 10 de novembro a segunda edición da súa xornada de divulgación «Ciencia Singular», un encontro que convida á cidadanía galega a coñecer in situ a investigación de excelencia que realizan CiQUS, CiMUS e CiTIUS. Adentrarse nun centro de investigación científica de excelencia para coñecer de preto ao seu persoal e o traballo que este desempeña.
O proxecto Stay here, do sevillano Alejandro Ginés, resultou gañador da VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018. Trátase dunha peza escultórica, a modo de torre coroada por unha cadeira pregada, que converte as edificacións ideadas por John Hejduk –e construídas por Peter Eisenman no Gaiás a modo de homenaxe– nunha especie de enxeñosa matrioska, que convida á participación de quen a ve, tanto no seu posible manexo como nas súas múltiples lecturas.
Terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que superasen algún módulo dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais. Trátase dunha acción enmarcada na Axenda 20 da Administración autonómica, para favorecer as oportunidades laborais dos galegos e galegas, e para que a formación que se imparte se adapte ás demandas reais do tecido produtivo do país.
O Plan galego, posto en marcha hai dous anos, posibilitou que se beneficiaran da súa implantación máis de 5.000 pacientes. O número de interconsultas realizadas polos médicos responsables dos pacientes á Central de Atención ao Ictus foi de 1.426, o que supón unha media de 59 interconsultas por mes. Os hospitais que máis recorren á central son os comarcais, o que é unha mostra da eficacia desta central, xa que as persoas que máis se benefician son os pacientes que viven nás áreas máis afastadas, garantindo o acceso desta poboación ao mellor recurso asistencial posible.
O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) presenta a vindeira fin de semana en Santiago a estrea galega de Anarquismos (polo medio da habitación corre un río máis claro), espectáculo escrito e dirixido por Pablo Fidalgo, que se representará no Salón Teatro do 2 ao 4 de novembro, con funcións ás 20,30 h. o venres e sábado e ás 18,00 h. o domingo. Trátase da terceira coprodución da compañía pública que sube ao seu escenario neste inicio da temporada 2017-2018, que arrancou coa estrea de Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena, de Pistacatro, á que seguiu o regreso de Elisa e Marcela, de A Panadaría.
A pedagoga e ensinante Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán, dúas pioneiras que abriron novos camiños, son as gañadoras do Premio Otero Pedrayo que se fallou no Pazo de Mariñán, convocado polas catro deputacións e a Xunta de Galicia e organizado nesta edición pola Deputación da Coruña. O obxectivo do premio é, ademais de perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo no campo das letras e o coñecemento, premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura galega e promocionar os valores propios de Galiza e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
Será un modelo máis coordinado e innovador, que integrará todos os programas específicos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, e cuxa implantación será progresiva. Comezando por aquelas enfermidades máis prevalentes e polos pacientes afectados por varias condicións crónicas, concretamente os 21.000 pacientes galegos inmobilizados que están en situación de vulnerabilidade. Ademáis, elaborarase un Plan individualizado de acción Integral (PIAI) consensuado co paciente e/ou as persoas encargadas do seu coidado.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES