Archivo (6 del 2022)

Buscador

Noticias

A Asociación Lugo Monumental presenta a Semana de Exaltación de la Cultura y el arte de Lugo (SECAL 2022) en que os lucenses poderán gozar de varias actividades e citas de diverso tipo. Tal e como se anunciou, a mostra estará envorcada no apoio aos artistas, aos que se dará difusión en locais do centro histórico. Un total de 20 propostas doutros tantos autores veranse en lugares novos, o que abre unha posibilidade importante para os creadores de chegar a un público que normalmente non ten ocasión de coñecelos.
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións internacionais con elevado nivel de citacións e publicacións con empresas, así como en captación e liquidación de fondos.
40 especialistas Internacionais na loita contra o cibercrime e o terrorismo na rede participan esta semana na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na reunión anual de Uncover, un proxecto europeo financiado polo programa Horizonte 2020 con 7 millóns de euros dirixido a mellorar as técnicas de análise forense en todo o que ten que ver coa detección de mensaxes e datos ocultos enviados por criminais e terroristas en calquera tipo de documento dixital multimedia.
Estreada en 1995 e ambientada nun futuro posapocalíptico, no que humanoides biomecánicos pilotados por adolescentes combaten criaturas de orixe descoñecida, Neon Genesis Evangelion converteuse nun dos títulos de referencia do anime, a animación xaponesa, tanto polo éxito da serie como polo xeito no que esta transgrediu os canons asociados ao xénero mecha, as series niponas protagonizadas por robots.
Este luns tivo lugar a presentación da terceira publicación de datos de Gaia, misión espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) cuxo obxectivo principal é medir cunha precisión sen precedentes a posición, os movementos e as propiedades das estrelas da Vía Láctea, creando un mapa multidimensional de case dous mil millóns de estrelas.
O proxecto europeo Atlantic CultureScape presentará esta fin de semana en A Guarda algúns dos resultados dos case tres anos de traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial mariño e marítimo deste concello. Trátase de dúas pezas audiovisuais e dous roteiros de experiencias que poñen en valor o traballo das persoas vencelladas ao mar, os seus coñecementos e as infraestruturas da contorna.
A Mostra de Danza Latina e o Festival de Música e Danza Tradicional Tradi-Fest USC centrarán a actividade impulsada dende o espazo de danza da Universidade ao longo desta semana coa vontade de favorecer o diálogo entre culturas. Este martes 14 de maio, a partir das 19.30 horas, na Praza do Seminario de Estudos Galegos (diante da Facultade de Farmacia), desenvolverase a Mostra de Danza Latina que chega á súa sétima edición.
O profesor da USC Alberto Ruano será o científico encargado de dirixir o estudo, ata o de agora, máis ambicioso sobre os efectos dunha erupción volcánica na saúde humana a través do proxecto ASHES (palabra que en inglés significa 'cinzas'), cuxo título completo é 'Análise da exposición e os efectos sobre a saúde respiratoria da erupción volcánica en Canarias'.
O congreso internacional promovido polas tres redes europeas de asesoramento rural (IALB, Eufras e Seasn) xunto coa USC converterá a cidade de Lugo en capital europeo de extensión rural e da planificación agraria do 21 ao 25 de xuño, período durante o que participarán máis de 200 asesores rurais, investigadores e responsables de administracións agrarias de 30 países europeos.
O Foro Económico de Galicia, entidade coordinada desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network, celebra en Ribadavia a súa VI Reunión Casal de Armán. Nela, unha vintena de especialistas do eido académico e do empresarial e cooperativista analizan o futuro da agricultura ecolóxica en Galicia no marco do Pacto Verde Europeo.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (116)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES