Archivo (11 del 2018)

Buscador

Noticias

A Fundación Galicia Europa organizou, no marco do Foro Galego do Brexit, o terceiro debate sobre este tema, menos dunha semana despois de que se anunciase o acordo para a retirada do Reino Unido da Unión Europea. O acto contou coa presenza do conselleiro encargado do Brexit na Representación Permanente de España ante a UE, Ricardo Díez-Hochleitner, e de 40 participantes no programa TecEuropa 2018 como público.
A Asociación PuntoGal acudirá por quinto ano consecutivo á Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebra entre os días 30 de novembro e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nesta ocasión, o dominio realizará un concurso sobre banda deseñada en colaboración con Kiko da Silva e presentará a súa colaboración en proxectos de localización de software en galego.
A Asociación galega Músicas ao Vivo, a través da súa sección MAV Coruña, organizará na cidade de A Coruña un evento de 6 días baixo o nome de A Coruña Respira Música. As actividades previstas entre o 10 e o 15 de decembro contan co apoio económico do Concello da Coruña e o seu obxectivo é ofertar unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos.
O Premio Nobel de Química en 2016, Jean Pierre-Sauvage, pronunciará este xoves 29 unha conferencia sobre máquinas moleculares en bioloxía e en química. Precisamente foi ese o traballo polo que conseguiu o premio da Academia xunto con Sir J. Fraser Stoddart e Ben Feringa, unha investigación que abriu o camiño para a revolución nanotecnolóxica.
A Escola Galega de Administración Pública acolleu unha xornada, á que asistiron máis de 120 persoas, destinada a debater sobre a posible reforma da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, cuxo obxectivo principal é o de controlar a legalidade da actividade administrativa, garantindo os dereitos e intereses lexítimos da cidadanía fronte ás posibles extralimitacións da Administración pública.
O Pleno aprobou a proposta de Orzamento da Deputación para 2019, que presentou á sesión o Presidente, Darío Campos Conde. Fíxoo cos votos a favor dos Deputados do Goberno Provincial do PSOE, coa abstención do PP e cos votos en contra do BNG e Deputado non adscrito. O Presuposto conta con 88,4 millóns de euros, dos cales o 55% son para investimentos nos 67 Concellos e para os 330.000 veciños da provincia.
Galicia contará con representación na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, que se desenvolve ata o vindeiro 2 de decembro. Nesta trixésimo segunda edición do que é o evento editorial profesional máis relevante de Iberoamérica, a cultura galega está representada polos escritores Rosalía Fernández Rial, Manel Loureiro, Arantza Portabales e a ilustradora Macus Romero.
Valentín González Formoso recibiu hoxe en Mariñán a alcaldes de distintos municipios hondureños, que explicaron as importantes repercusións sociais, económicas e medioambientais que ten este proxecto de cooperación internacional cofinanciado pola Deputación. A área onde se está a desenvolver este proxecto ubícase no Golfo de Fonseca, moi preto da fronteira con Nicaragua.
Persoal investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) –unidade de excelencia María de Maeztu na USC- e da Universidade de Salamanca conseguiron xerar raios X a través dunha nova tecnoloxía de aceleración de electróns por pulsos láser ultracurtos. Aínda que as enerxías alcanzadas son modestas, permiten estudar a súa aplicación en técnicas de radioterapia intraoperatoria ou en imaxe tomográfica en medicina.
Mañá, sábado, ás 12,00 h., na igrexa nova de Guitiriz, vaise entregar o título de FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DE GUITIRIZ ao crego e activista cultural Alfonso Blanco Torrado. No acto, que será conducido polo xornalista Xulio Xiz, actuarán o Gaiteiro Raul Galego, a Banda de música de Guitiriz, dirixida por Abel Riveira Pena e a Coral Xermolos, que dirixe Manuel Vizcaíno.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES