Archivo (10 del 2018)

Buscador

Noticias

O ciclo Galicia Importa 2018 chegará á súa fin o sábado 10 de novembro co concerto que a lenda do jazz Ron Carter ofrecerá ás 22,00 horas no Teatro Principal de Ourense, presentando por primeira vez na nosa Comunidade o seu Foursight Quartet. Este será o último dos cinco concertos da actual edición do programa, que organiza Sweet Nocturna.
As cinco denominacións de orixe recolleron máis de 64 millóns de quilos de uva, de moi boa calidade en xeral, do que o 83,5% corresponde a variedades brancas (máis de 53 millóns de quilos) e o 16,5% a variedades tintas (máis de 10 millóns de quilos). Unhas cifras que sitúan a vendima de 2018 como a segunda máis abondosa da historia, só por detrás da vendima de 2011; e colócase un 9,7 % por riba da media do decenio 2009-2018.
A cidade portuguesa de Braga acolle desde hoxe e ata principios de decembro a exposición itinerante De mar a mar, como parte da programación do Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa que a Consellería de Cultura e Turismo está a celebrar durante todo este 2018, como establece o Plan director do Camiño de Santiago.
Desde a súa posta en marcha no ano 2000, MeteoGalicia tense consolidado como un referente indispensable na comunidade en materia de meteoroloxía e climatoloxía tanto para os cidadáns como a nivel científico. Desde a súa sede central se controla e xestiona toda a rede de observación meteorolóxica de Galicia, composta por 156 estacións de rexistro e a través da cal permiten obter e medir cada dez minutos diversos parámetros.
Durante esta fin de semana, tamén está prevista a organización de dous showcookings para 50 persoas cada un e no que participarán profesionais da cociña, divulgadores gastronómicos e xornalistas especializados. Esta actividade estará dirixida polo chef Javier Rodríguez Ponte “Taky”, cociñeiro do Grupo Nove e ex alumno do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).
'Elisa e Marcela', o espectáculo de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), prográmase de novo no Salón Teatro de Santiago, onde xa fora representado con gran éxito hai un ano, tras desenvolver aquí unha residencia artística de 20 días. A montaxe, que aborda a historia da voda entre dúas mulleres que tivo lugar na Coruña en 1901 como o primeiro casamento homosexual do que se ten constancia en España.
Uns alumnos de 15 centros educativos de Galicia cursan por primeira vez este ano o Stembach, o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía posto en marcha pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como unha iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020.
Galicia cuenta con una población total de aproximadamente 2.708.339, de los cuales unos 665.939 son personas mayores de 65, lo que equivale al 24,6 % de su población total, prácticamente 1 de cada 4 habitantes. Este dato está bastante por encima de lo que es la situación nacional, donde el colectivo de mayores de 65 años se sitúa en cerca del 19%. Es, tras Asturias y Castilla y León, la comunidad con mayor densidad en toda España.
O Concello de Brión, en colaboración coa Academia Galega de Teatro e con Edicións Positivas, convocan a primeira edición do Premio Laudamuco para textos teatrais. Un galardón de carácter anual, dotado con 7.000 euros e coa edición da obra, e que estará aberto a autoras e autores que presenten unha obra dramática inédita, nunca antes premiada e escrita en lingua galega.
O venres 19 de outubro tivo lugar na Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. No devandito acto participaron Albino Aneiros, presidente da Casa de Galicia en Las Palmas, Marisa González Lagarón, membro da Xunta Directiva, e Antonio Giz en representación de GaliciaDigital.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES