Archivo (6 del 2017)

Buscador

Noticias

O secretario xeral da Emigración participa na semana Galician Cinema & Food Festival, que exhibe a actualidade e modernidade do país en pleno corazón de Manhattan. Miranda gaba o éxito dos galegos na cidade máis influente do mundo, asegurando que “hoxe somos, en boa medida grazas ao voso traballo, punta de lanza do continente e do mundo”.
Trátase dun dos principais resultados do estudo ‘O futuro laboral dos mozos’, presentado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria quen salienta o axuste da FP ás necesidades dos tecidos produtivos galegos. O informe foi elaborado pola Fundación AXA e Educa 20.20.
O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou no Consello da Cultura Galega (CCG) o Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias incidindo “na importancia de todas as linguas, as de máis falantes e as de menos falantes, na construción dunha Europa unida na diversidade das linguas”.
TerraZeando pretende aproveitar lugares especiais de Santiago de Compostela que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles para os cidadáns.
Os alemáns Rammstein encabezan un cartel que reunirá 100 bandas internacionais do 5 ao 8 de xullo en catro escenarios temáticos da localidade lucense. O festival Resurrection Fest de Viveiro consolídase como unha cita galega de referencia mundial na música metal e hard rock. O Resurrection refórzase liderando as citas europeas de heavy, hardcore e punk.
Abanca financia al Dépor para reestructurar su deuda y construir un proyecto más sólido y competitivo. El acuerdo permitirá reducir la presión de la deuda a amortizar cada temporada, permitiendo al Dépor elevar su tope salarial y reforzar la plantilla, y también hará viable varias reformas para el estadio.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Argentina (INCAA) fixan no memorándum impulsar xuntos a creación de películas e series entre ambos os dous territorios, como parte do acordo de coprodución audiovisual asinado no marco de Conecta Fiction.
Galicia, Norte de Portugal e Castela e León elaborarán conxuntamente un plan territorial de emerxencias transfronteirizas como socios do proxecto europeo ARIEM +. O obxectivo da iniciativa é seguir avanzando na xestión conxunta das emerxencias de fronteira. O ARIEM + ten un investimento de máis de 4 millóns de euros dos que un 75% son fondos da UE.
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o ensaio de María Reimóndez Corpos Exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure editado pola USC e o Concello de Santiago. Trátase da publicación gañadora do I Premio Xohana Torres que se recuperou en 2012, logo de 20 edicións.
Feijóo afirma que os proxectos, pertencentes a PSA Peugeot e a Televés e seleccionados tras unha convocatoria pública en concorrencia competitiva, permitirán atraer investimentos e avanzar no novo modelo industrial baseado na innovación; e fixar tecido industrial e crear postos de traballo de calidade e industrializar Galicia.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (122)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES