Archivo (4 del 2017)

Buscador

Noticias

As bibliotecas e museos de xestión autonómica promoven diversas propostas para conmemorar a celebración do Día do Libro. O secretario xeral de Cultura participou esta mañá na entrega de premios do Concurso BD Vigo, nunha xornada na que os guionistas David Braña e Francisco G. González tamén compartiron co público a súa experiencia no mundo do cómic.
O último estudo realizado sobre o curso 2012/13 no Sistema Universitario de Galicia mostra unha mellora na inserción de tres puntos porcentuais con respecto á estatística anterior. O salario neto tamén aumenta preto dun 5% con respecto aos datos do curso 2011/12 e o 76,66% dos titulados que traballan están desenvolvendo funcións de nivel universitario no seu emprego.
O evento celébrase o sábado das festas da Ascensión, polo que se prevé que asistan miles de persoas, tanto de Santiago coma visitantes e turistas, superando as cifras de asistencia das dúas edicións anteriores. O primeiro desfile celebrouse o 21 de maio do 2010, con motivo do trinta aniversario da película da saga O Imperio contraataca.
A mostra reúne diversos obxectos persoais do escritor, entre eles, botellas dedicadas por figuras como Picasso, Miró ou Hemingway. A exposición parte de de “O eloxio do viño”, título empregado polo premio Nobel, Camilo José Cela, en varias das súas creacións dedicadas a gabar as múltiples calidades dos produtos extraídos da vide.
Nesta quinta edición triplícase respecto da inicial o número de compañías contratadas para desenvolver as funcións. O obxectivo é enriquecer a oferta cultural de municipios polos que pasan as rutas xacobeas, ao tempo que se dinamiza o mercado laboral cultural.
Para o BNG os orzamentos de 2017 desmontan a falacia do PP, pois volvendo a contar con recursos tributarios similares aos de anos anteriores á crise (200.963 mil millóns de euros en 2007 fronte aos 200.676 millóns de euros en 2007), manteñen os recortes nas políticas sociais, aumentan o gasto no armamento militar e priorizan o pagamento da débeda, incluida a que se deriva do rescate bancario.
Ciencias da Comunicación acolle unha conferencia de Ángeles Afuera sobre o papel dos documentalistas de radio e de como esta profesión pasou a ser esencial nos medios de comunicación, “non só como arquiveiros, senón como xestores da información e moitas veces xornalistas especializados en facer memoria ou contextualizar”.
O espectáculo está integrado por ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’ que, con estéticas e ambientacións diferentes, darán conta da vixencia e da valentía da obra de Valle-Inclán a través dun elenco de 10 actores e actrices. Exhíbese no Salón Teatro, do 20 ao 27 de abril, antes de viaxar a outros concellos galegos e regresar a Compostela do 28 de xuño ao 16 de xullo.
O secretario xeral de Política Lingüística participa no lanzamento da nova web arigal.gal. A Asociación Galega de Áridos, que integra o 93% das empresas do sector dos áridos en Galicia, participa nas accións de desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico impulsado pola Xunta de Galicia.
A Real Filharmonía de Galicia ofrece dous concertos: O primeiro está previsto para o xoves 20 de abril en Santiago, ás 20:30 horas, na súa sede, o Auditorio de Galicia. E o venres, a agrupación desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio Municipal da cidade, tamén ás 20:30 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o mestre parisino Fabien Gabel.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES