Archivo (1 del 2017)

Buscador

Noticias

O titular do Goberno galego presidiu a XXII edición da entrega dos Premios Diego Bernal en Santiago e sobre o premiado, Fernando Salgado, asegura que todo recoñecemento é merecido para un comunicador “sen o que non se podería entender a Galicia autonómica”. Desde o goberno de Albor ata o "bipartito", pasando polo xornal La Voz de Galicia, ensalzouse a súa traxectoria.
“Un plan pensado como unha ferramenta de traballo imprescindible que permita fixar unhas bases de planificación a medio prazo do futuro cultural de Galicia”, di, incidindo en que a Cultura é o crisol do pasado e o futuro, “unha creación colectiva feita por todos e para todos”, dixo Feijóo na entrega dos Premios da Cultura Galega 2016.
O Goberno galego busca impulsar un itinerario literario do Rexurdimento galego que conecte as figuras de Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, os principais autores deste movemento cultural, político e literario da segunda metade do século XIX en Galicia e que se inaugurou coa publicación, en 1863, de “Cantares Gallegos”.
A directora xeral de History Channel Iberia, Carolina Godayol, e o director de Afiliados, Medios Dixitais e Investigación de Viacom, Daniel Muñoz, inauguran o foro o día 24 de xaneiro na Cidade da Cultura. O creador de Unicoos e finalista do Global Teacher Prize 2017, David Calle, ofrece a conferencia de apertura do 25 de xaneiro.
Asteriscos Real Estate SL e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron este venres 20 o contrato de compra-venta do antigo Hospital de Galeras. Asteriscos Real Estate formalizou tamén o primeiro pagamento da compra do inmoble de 3.597.805 euros, o 50% do importe total. Por outra parte, celébrase o Día do Grupo Compostela co que a rede busca visibilidade sobre o seu labor coas comunidades.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu os participantes e titores internacionais deste encontro formativo, centrado no desenvolvemento de guións para series de televisión, que ten lugar para profesionais no Hotel NH en Santiago Compostela ata o domingo 22 de xaneiro.
Celebrouse unha reunión da Oficina Técnica da Seca onde se confirmou que a rede hidrolóxica e os encoros de abastecemento non rexistraron cambios significativos na situación. O nivel dos encoros de abastecemento mantense nun 70% e os recursos hídricos son suficientes para garantir a demanda de abastecemento de auga.
A Coruña promociónase en Fitur 2017 como unha cidade “ubicada no extremo atlántico, pero no centro das vangardas culturais, gastronómicas e de defensa do patrimonio e a diversidade”, según o seu alcalde, Xulio Ferreiro, que destacou eventos como o Fórum gastronómico.
A Fundación convoca estas bolsas de formación que permiten a titulados universitarios e técnicos superiores de FP completar e enriquecer a súa formación. Téñense beneficiado máis de 400 mozas e mozos desde que a Fundación se puxo en marcha hai xa case 30 anos.
O Concello de Ourense culminará o 16 de maio o expediente de honra aberto a Carlos Casares en 2003 para o seu nomeamento como fillo predilecto da cidade a título póstumo. O acto institucional celebrarase na véspera da conmemoración do Día das Letras Galegas 2017 adicadas a este escritor.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES