Archivo (3 del 2016)

Buscador

Noticias

O Gaiás acorda con Incolsa, empresa pública de promoción turística en Santiago, ter unha presenza destacada na súa oficina. Puntos de alta concentración turística como a Alameda de Santiago, a Casa do Cabido ou o Museo das Peregrinacións, contarán con plasmas ou estruturas informativas, así como hoteis, estación de tren e aeroporto.
O BNG, nunha reunión estratéxica, trasladoulle a Anova (a formación liderada por Xosé Manuel Beiras) a súa vontade de sumar forzas para conformar unha candidatura nacionalista que podería ser clave na derrota do PPdeG nas eleccións autonómicas de 2016. O BNG non apoia alianzas estatais.
A pianista Paula Ríos e a soprano Eva Juárez interpretan este traballo editado coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura e que contribúe á recuperación do patrimonio musical de Galicia. Recolle a gravación, por vez primeira, da obra para piano solo e para canto e piano desta parella na vida e na arte que representa o esforzo dos artistas pertences á Xeración do 27 por rexenerar a creación musical da época.
O grupo de traballo está integrado pola Agadic, Turismo de Galicia, TVG, Academia Galega do Audiovisual, Clúster Audiovisual Galego e as asociacións de produtoras independentes, empresas, guionistas, directores e realizadores co obxectivo de abrir un proceso de debate cara a elaboración dun plan 2016-2020 para o sector galego.
Feijóo eloxia a obra literaria de Xosé Neira Vilas e afirma que “grazas a el sabemos como éramos, e canto lle debemos aos que fixeron posible o que somos”. Lembra que “o pai de Balbino” soubo transmitirlle unha humildade que o fai grandioso, unha modestia que o eleva e unha sinxeleza que sigue atraendo homes e mulleres que habitan mundos complexos.
Con estas prazas en convocatoria pública, a Xunta de Galicia reforza eidos prioritarios como a loita contra a fraude e o control das finanzas públicas, así como o corpo administrativo e o auxiliar. Máis de 750 persoas opositarán pola quenda reservada á discapacidade. A realización do primeiro exercicio prevese para antes do verán.
Trátase dun novo programa gastronómico que, entre o 18 ao 27 de marzo, involucra a máis de 20 cafeterías e restaurantes da capital galega que inclúen nas súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da Semana Santa, como torrixas, leite fritida, bolos de vento, rosquillas, melindres, rosca, chocolates "de paixón" ou tortas.
A deputada Yolanda Díaz acompañada polo alcalde de Ferrol Jorge Suárez presentaron na cidade a proposición non de lei dun Plan Industrial para Navantia-Ferrol e Navantia-Fene que En Marea rexistrou no Congreso dos Deputados e que se debaterá na Comisión de Facenda, en Madrid, o mércores 16 de marzo.
“O señor Besteiro está sufrindo as consecuencias duns niveis de esixencia a outras forzas políticas, ou mesmo dentro da súa forza política, que quizais non foron razoables e que agora lle abocan a tomar esta decisión”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, respecto da situación do secretario xeral dos socialistas galegos.
gadic colabora co III Premio Pegada de teatro radiofónico convocado pola Escola Superior de Arte Dramática e cunha dotación dun lote de cen libros sobre creación e investigación teatral. O prazo de recepción de orixinais, que deben ser inéditos e estar escritos en galego, remata o 4 de abril de 2016.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES