Archivo (3 del 2016)

Buscador

Noticias

En Marea presenta a súa presenza no Congreso e no Senado ao servizo da cidadanía galega, polo que dá conta das súas accións nun acto aberto no que tamén recolle opinións e críticas co fin de coñecer o que fan mal, no que poden mellorar e recoller entre os cidadáns que novas propostas poden presentar.
Antoni Socías participa nunha conversa aberta ao público xunto co artista CaramoFant e, posteriormente, imparte un laboratorio de ideas sobre a vinculación entre arte, ciencia, filosofía e psiquiatría. O CGAC acolle ata o 12 de xuño a obra do artista mallorquín, na mostra Teoría e práctica do deserto que aborda os conceptos centrais do seu universo creativo.
A sede do CDG é un dos cinco escenarios nos que se está a desenvolver a sétima edición desta iniciativa da sala Sónar, que lle achega ao público compostelán a música de cantautores tanto consagrados como emerxentes. O primeiro concerto está programado para o venres 1 de abril ás 22.00h.
O reitor da USC Juan Viaño inaugura esta mostra o 31 de marzo. “Hai nas madrugadas de Compostela unha hora silenciosa e baleira. Unha hora máxica na que os derradeiros noctámbulos sa xe foron pero os máis madrugadores aínda non chegaron. Unha hora de calados resplandores na que é posible gozar da cidade a solas”.
A firma, con 54 traballadores e que superou os 14,5 millóns de euros de facturación en 2014, pode incluír na súa etiquetaxe o selo Galicia Calidade para os produtos de carne de porco criado en Galicia e para o chourizo Sadepor. A marca de garantía conta xa con máis de 300 produtos certificados de 72 compañías diferentes, cunha forte presenza do sector alimentario.
A compañía galega de danza chega a Galicia coa creación do coreógrafo cubano Julio César Iglesias Ungo que foi estreada o 11 de marzo no Tanzhaus de Düsseldorf. A primeira función está programada para o venres 1 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña para inaugurar o ciclo TRC Danza, no que tamén colabora a Consellería de Cultura.
O volume orixinal, do que se tivo constancia pola prensa en 1936 pero nunca foi localizado, edítase agora baixo a coordinación do director do Observatorio da Universidade de Santiago (USC) e co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coincidindo co 50 aniversario do pasamento do astrónomo lalinense e divulgador científico en galego.
A exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, protagoniza a exposición central na temporada de verán da sede do Instituto Cervantes en Madrid, logo do seu peche na Cidade de Cultura de Galicia onde foi vista por 16.000 persoas. A obra do fotógrafo de Allariz pode verse en Madrid entre o 31 de maio e o 18 de setembro de 2016.
María Lado, Lucía Aldao, Antonio García Teijeiro, Mª José Fernández, Antía Juncal, Martiño Maseda, Darío Xohán Cabana, Mateo Buján, Raúl Costas e César Morán participan no evento, que inclúe recitais poéticos e musicais e actividades paralelas arredor dos libros, da pintura e da fotografía.
Os tres gañadores recibirán unha axuda de 25.000 euros da Administración autonómica para continuar co desenvolvemento das súas iniciativas empresariais. Estes proxectos destacaron pola súa innovación, o uso de tecnoloxía diferencial e a súa achega aos sectores produtivos de Galicia.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES