Archivo (1 del 2016)

Buscador

Noticias

O obxectivo do Fondo de proba de concepto é “comprobar se as ideas e a innovación que desenvolvemos neste momento en Galicia pode ter éxito empresarial e, nese caso, acompañar os investigadores ata acadalo". Estará dotado inicialmente con 1.650.000 euros, unha cantidade que se poderá ver incrementada con outras institucións públicas e privadas.
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2016, celébrase en Expourense desde o mércores, día 3 de febreiro, ata o domingo día 7, e trátase do único certame internacional celebrado en España dedicado conxuntamente ao turismo e a gastronomía. México é o país convidado da edición de 2016.
Logo dos novos datos difundidos sobre o "caso Baltar", o BNG reitera a súa esixencia ao PPdeG para que cese ao presidente da Deputación provincial de Ourense. Os nacionalistas lamentan que o PPdeG mantivese a Baltar nos seus cargos no organismo provincial e no Parlamento galego.
A obra, estreada orixinalmente polo Centro Dramático Galego, é unha adaptación portuguesa de "A Piragua", de Cándido Pazó, que afonda na lacra da violencia doméstica a partir dunha situación aparentemente absurda como é o desconcerto dun home diante da piragua que un veciño garda no seu garaxe.
Caxigueiro, Carmen Chacón, Denís Estévez, Xurxo Gómez-Chao, José Meis, Olga Osorio, Xoán Piñón e Manuel Sendón participan neste proxecto colectivo comisariado por Mercedes Rozas, que se pode visitar ata o 27 de marzo de 2016 na Casa da Parra que celebra o seu 30º aniversario.
O xurado destacou a afinidade do deseño coa troula e a espontaneidade da festa, así como a expresividade dos rostros que conforman a comparsa. Ao Concurso de Carteis presentáronse un total de 84 propostas e a cidade recupera o tradicional Entroido desde o 5 de febreiro.
Feijóo felicita a Rebelo de Sousa por el "apoyo mayoritario" conseguido en las elecciones y espera que en esta nueva etapa se sigan "consolidando los especiales vínculos entre Galicia y Portugal". O titular da Xunta enviou unha misiva ao novo presidente da República do país luso e valora a elección dun candidato que aposta pola estabilidade de Portugal.
O Consorcio de Santiago celebrou a Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Ademáis de varios convenios culturais, deuse luz verde ás bases de acceso ao curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2016-2017.
Sala Gurugú e Teatro del Andamio da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago e Teatro Ensalle de Vigo conforman este circuíto de distribución de espectáculos en escenarios de titularidade privada e capacidade reducida. Entre 28 compañías sobresae a oferta dirixida ao público infantil e familiar.
A exposición Con fío en Galicia, na Cidade da Cultura, porá en valor as achegas dos grandes deseñadores, como Adolfo Domínguez ou Roberto Verino, e os logros dun sector, que ten en Inditex o seu principal expoñente logo dunhas décadas douradas con nomes como Florentino, Kina Fernández, Antonio Pernas, Caramelo, e Bimba&Lola.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES