Buscador
Noticias
Todas as localidades que forman parte da iniciativa Cidades Romanas do Atlántico acudirán entre maio e xuño a Pontevedra para asinar o convenio que porá en marcha esta rede de cooperación.
Trátase dun conxunto de 65 fotografías en branco e negro que cronolóxicamente cobren o periodo comprendido entre 1900 e 1997 e que supoñen unha viaxe pola historia do traballo a través dos seus protagonistas.
Bajo el lema Imagina un mundo: Terra Chá, se presentaba en Fitur 2010 la oferta turística de la Mancomunidad de Terra Chá. Su presidente y alcalde de Cospeito, Armando Castosa, entregó al conselleiro de Cultura e Turismo de la Xunta un kit de senderismo para peregrinos.
O protocolo de colaboración asinado contempla 23 cláusulas e inclúe cuestións de interese común para Galicia e Castela León en materias de educación, infraestruturas ou do Xacobeo. Co acordo preténdese dotar de valor engadido ás políticas de intercambio e ás alianzas entre ambos territorios.
A Consellería de Cultura e Turismo, Turespaña e os doce concellos ourensans, limitrofes con Portugal e Castela-león, asinarán, xunto co sector privado, o plan Portas de Galicia por un importe total de 2.500.000 euros.
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presidiu unha reunión con representantes de organismos e institucións luguesas na que acordou por unanimidade esta denominación: Lucus Augusti, que fai referencia á orixe romana e á historia da cidade.
A Consellería de Traballo inicia as reunións da comisión bilateral Galicia-Estado para abordar as políticas de emprego en Galicia. O encontro avanzará no establecemento de programas de mellora da empregabilidade e nun posible financiamento adicional destas medidas.
Varios colectivos, asociacións e institucións relacionados coa defensa da cultura, do patrimonio e do medio ambiente galego reuníronse en Lugo para promover actuacións que busquen a defensa do Camiño Primitivo a Santiago.
Os tres rapaces representarán a Galicia na fase nacional, que se celebrará en Valencia en marzo de 2010. Á Olimpíada concorreron 75 estudantes de toda a comunidade galega. As universidades galegas ofrecen aos premiados unha axuda en material informático.
Con este plan o Igape compromete un incremento do 12% do seu orzamento, a pesar de que o Estado reduce noutro tanto os ingresos deste ano. O obxectivo é suavizar os efectos da crise e saír reforzados da depresión económica actual.