Archivo (9 del 2009)

Buscador

Noticias

A través do acordo asinado, o proxecto Mans da Fundación Paideia contará cunha achega de 60.000 euros da Xunta de Galicia para a gravación de producións musicais e bandas sonoras de películas.
A conselleira de Facenda denuncia que as previsións “irreais e electorialistas” do Goberno obrigan a Galicia a reintegrar 500 millóns cada ano durante catro exercicios, o que supón un lastre para Galicia no peor momento, atrasando a súa saída da crise actual.
Xesús Vázquez Abad asegurou que xa se realizaron os primeiros pagos a través das Xefaturas Territoriais. O conselleiro recordou que se está a traballar no borrador do novo Decreto do Galego, tal e como se prometera.
Entre o 23 e o 25 de setembro o Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela acolle o curso da UIMP titulado Patrimonio e Turismo: a xestión. Problemática, Retos e Oportunidades, que dirixe o experto Mario Crecente.
Os mestres Ánxela Conde Fernández e Pedro David Lamas Varela, e alunos da Tradescola, explicaron a historia e evolución da música galega, instrumentos e formacións musicais, nas xornadas de apertura do programa de actividades do novo curso promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
O Parlamento de Galicia aprobou na Comisión de Educación e Cultura unha iniciativa do PPdeG que insta á Xunta a desenvolver os traballos necesarios que permitan a elaboración dunha Lei Galega de Universidades para axudar á adaptación do SUG ao Espazo Superior de Ensino Europeo.
Presentouse no Real Clube Náutico de Vigo a XVII Regata Guardamarina de Cruceiros, proba puntuable para a Copa Galicia de Cruceiros de Clubes. Desenvólvese o 19 e 20 de setembro na ría de Pontevedra.
En la película española Agallas los protagonistas, Carmelo Gómez y Hugo Silva, bailan el primer sencillo de Arturo Vaquero y Marcos Peón, dos de los dj’s más representativos del panorama musical en Galicia.
A Xunta de Galicia e a IXP Lacón Galego deseñarán unha estratexia conxunta para promover e potenciar este senlleiro produto galego con distintivo de calidade. En Galicia existen 214 explotacións de Lacón Galego e 39 industrias cárnicas e matadoiros cunha producción de 34.583 quilos e de 9.760 pezas no ano 2008.
A Asociación Cultural Eira Vella organiza unha exposición de Sabela Arias, artista lucense afincada en Betanzos, baixo o título De diario que abrangue diversas obras de pintura e escultura con material reciclado.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (148)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES