Buscador
Noticias
Para esta grabación, Fasero ha contado con la colaboración de dos buenas amigas: la voz de Eva Carreras en Nuestra Estrella y Fia na Roca, y la gaita de Cristina Pato en Gaita Grelada, que además grabó desde New York, en los estudios Lofish Productions Inc.
Chega a 2ª Edición de Animacam.tv: Festival Internacional de Animación Online para creadores de debuxos animados que incorpora seccións paralelas nas que Internautas e Peregrinos crearán a biblioteca, fototeca e videoteca virtuais do Camiño de Santiago.
Vetusta Morla, Melendi, Nena Daconte, Violadores del Verso e Revólver, no cartel das Festas de Verán 2009. Todos os concertos do verán serán gratuítos, agás Melendi, para o que se fixará unha entrada asequible, según aseguraron fontes municipais durante a presentación do programa.
O conselleiro de Medio Rural, na xuntanza co comité de empresa da factoría de Lugo, destaca que a Xunta está politicamente comprometida en favorecer iniciativas empresariais que busquen manter a actividade da planta de Leche Pascual en Galicia e a continuidade dos postos de traballo.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia pon enriba da mesa do Valedor do Pobo algúns dos temas que precisan de análise como o acceso seguro dos menores a Internet e a protección de datos.
O presidente galego Núñez Feijóo considera que a decisión da Unesco de declarar o Parque do Xurés-Gerés reserva mundial da biosfera supón un recoñecemento do alto valor do patrimonio natural do parque.
A Xunta de Galicia inicia un plan corrector das deficiencias detectadas nos concellos polos que atravesan as Rutas Xacobeas consultando ás Asociacións de Amigos dos Camiños e dos establecementos hosteleiros.
Asinado un convenio de colaboración entre la Xunta de Galicia e o concello de Melón para levar a cabo as obras de remodelación e consolidación do Mosteiro de Melón no que se investirán 700.000 euros.
A capital galega recibe, un ano máis, e no marco do programa ConCiencia, a tres Premios Nobel de Química e de Física: Jean-Marie Lehn (1987), James Watson Cronin (1980) e Roger David Kornberg (2006), que ofrecen conferencias entre o 28 de maio e o 1 de xuño.
O Rei de España, don Juan Carlos de Borbón, expresou a súa intención de presidir os actos conmemorativos do 25 de xullo con motivo da celebración do Ano Santo Compostelán. Visitou por primeira vez a residencia de Monte Pío desde a súa inauguración en 2002.