Buscador
Noticias
O concello dispón, así,dunha ferramenta que lle permitirá respostar de xeito eficaz ante calquera eventualidade que se produza. Contempla escenarios de nevadas, seísmos, inundacións ou sequías. O plan foi elaborado pola empresa Belt Ibérica desde o ano 2008.
Dotado cun orzamento de 1.150.000 euros, integran o centro varias unidades diferenciadas orientadas á produción de contidos audiovisuais, produción e experimentación 3D, e os videoxogos, entre outras.
A Consellería de Economía e Industria, a través do Inega, promove o aforro e a eficiencia enerxética en todos os sectores económicos cun programa de axudas de preto de 36 millóns.
O centro asociado da UNED en Ourense inaugou oficialmente o curso académico 2009-2010 cunha conferencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria sobre as TIC no novo Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
No marco do programa europeo Lug02 presentouse a a xornada Apoio a xóvenes investigadores para a constitución de empresas da alimentación e mellora da comercialización de produtos autóctonos.
O Igape avala con garantías por importe de 3,97 millóns de euros ás empresas do sector do mar Conservas Selectas Mar de Couso e Álvarez e Hijos. Ambas ocupan a 89 traballadores da comarca de Ribeira.
Trátase do DVD Shin Chan, 3 minutos para salvar o mundo, que se porá á venda nas principais cadeas comerciais de Galicia. Próximamente tamén sairá ao mercado a última entrega de Doraemon en galego.
A Sociedade Pública de Investimentos tamén ten comprometido orzamento en 2010 para a construcción de novos parques de bombeiros e da sede da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
O Concello de Ferrol repasa a vida e a actividade política de Azaña cunha exposición no Centro Cultural Carvalho Calero que, ata o 6 de novembro, recupera a memoria histórica da Segunda República con material documental e audiovisual.
Unha mirada sobre a vida das mulleres indíxenas da Amazonía Ecuatoriana centra a mostra Antigos soños de mulleres kichwas promovida pola ONGD Paz e Desenvolvemento e amosada en Arzúa no marco da VI Feira Ecolóxica.