TERRITORIO 
Galicia, un país 
Infraestructuras 
Infraestruct. Gallegas 
Infraestruct. hoxe 
 
 
INFRAESTRUCTURA GALEGAS  
estradas augas saneamentos portos urbanismo transporte vivenda e solo empresarial

O proceso de modernización das infraestructuras que Galicia experimentou nestes últimos dez anos, marca un antes e un despois desta década para Galicia.

Este é un momento decisivo para a nosa Comunidade Autónoma. Galicia penetra no século XXI, cada vez máis orgullosa do seu, e tentando modernizarse, ao mesmo tempo que loita por conservar o que lle é propio e definitorio da súa esencia. Porque a clave para o futuro está en conxugar a tradición e a modernidade.

Este proceso de transformación pódese sintetizar nestes aspectos:

  • Construíronse 1.500 kms de novas estradas, cun investimento que se aproxima aos 200.000 millóns de pesetas.
  • Foron construídas 100 EDAR —Estacións Depuradoras de Augas Residuais— (en 1990 só había dez en toda Galicia), e 50 ETAP (Estacións de Tratamento de Augas Potables).
  • Investíronse 30.000 millóns de pesetas nos 122 portos e instalacións portuarias competencia da Xunta de Galicia (unha media de 3.000 millóns anuais), para a mellora da pesca, o marisqueo e o turismo náutico-deportivo.
  • Foron aprobados definitivamente, ou informados favorablemente, un total de 141 instrumentos de planeamento urbanístico xeral (60% do planeamento xeral vixente).
  • O ferrocarril galego está a recibir o maior investimento dos últimos 25 anos, destinado á súa modernización integral: xa están acordados 120.000 millóns de pesetas.
  • Máis de 120.000 familias se teñen beneficiado da política de vivenda a través do IGVS.
  • 200 empresas están ubicadas nos terreos dos 24 parques empresariais rematados en Galicia, nos que se levan investido 10.000 millóns de pesetas.