ENTREVISTA
Ó ALCALDE
DO CONCELLO DE CASTRO DE REI
por Don Jesús Docobo
Martín

Nun día soleado de primaveira quedamos co Alcalde
de Castro de Rei para que nos conceda unha entrevista para o noso
fisgón. Tralos saúdos de rigor o alcalde di que nos contestara
gustoso a tódalas cuestións. ¡Adiante!
ü
¿ Qué nos
di a historia sobre Castro de Rei?
É un pobo con moita historia. A capitalidade
é conxunto pintoresco. Nun monte próximo chamado Monte da Escrita
díse que é o mesmo e mitolóxico Monte Medulio. Din que os
pobos antigos se envelenaron coas herbas desa zona.
Conta con 26
parroquias sen contar Castro Ribeiras do Lea, pois
este pobo fíxose en realidade en torno á feira e non existe como
tal. Pertence ás parroquias de Duarría e da Ribeira. Castro de
Rei foi na historia punteiro en diversos campos e ségueo sendo.
ü
¿ Qué
importancia dá o Concello de Castro de Rei ós Castros e,
máis concretamente, ó Castro de Viladonga?
Neste concello temos moitos
castros por explorar, pero estamos traballando para facer as xestións
convintes e excavar no Castro de Duarría, A Rodela,…O Castro de
Viladonga acadou no pasado ano arredor dos 30.000 visitantes.
Dende o punto de vista da
ecoloxía en torno a estes xacementos estamos a traballar moito; xa que
coa recollida selectiva facemos saneamentos a nivel de parroquia. Cada
día temos que ser máis cuidadosos co medio ambente. En pouco
tempo queremos que a conca do Miño sexa declarada biomasa especial , e
eso conlevará a
protección por parte de UNESCO.
Traballamos tamén na recuperación de casas rurais, moitas nobles,
blasonadas como o Pazo de Perejón ou o Colexio de Mondriz, entre outras.
ü
En tempos viñan a
buscar ouro a Castro de Rei, ¿ atopárono?
Parece ser que algo houbo
deso, pero tiveron máis sona as Minas de Arsénico, na zona do
Río Azúmara. Estamos a traballar para recuperalas
turísticamente. A nivel mineiro é o máis importante da
zona.

Foto tomada o
día da inauguración
desta casa na que podemos ollar ó alcalde D. Arturo a
carón de D. Manuel Fraga
ü
¿ Cómo
defeniría Castro de Rei a día de hoxe?
Como un concello equiparado
a nivel europeo na modernización das súas explotacións
gandeiras e que aposta tamén pola súa industrialización. O
noso polígono vai xa pola 3ª ampliación e próximamente
unha industria de peixes e mariscos instalarase aquí dando traballo
arredor de 100 persoas.
Nós
cedémoslles os terreos cos servicios pertinentes e eles
comprométense a que 30 dos seus empregados sexan da zona.
ü
¿ Vostede que
pensa sobre o que se di de que Castro R. do Lea é a cidade dormitorio de
Lugo?
Dende logo tentamos que a
calidade de vida deste pobo sexa boa. Aquí non queremos alturas,
queremos medrar para os lados. A xente de Lugo está chamada a vir cara a
este pobo; un pobo atractivo para vivir e morrer tamén.

ü
¿ Cómo nos
vendería o seu Concello?
Dicindo que ten
tódalas ventaxas da cidade e ningún dos inconvintes. Con boas
xentes, boas paisaxes, luz e auga en tódolos recunchos,…Recursos
turísticos, naturais,…Non remataría nunca de nomear.
ü
¿ Qué importancia
lle dá ás feiras dos mércores en Castro?
O pobo nace gracias
á feira que había ó mes e que duraba todo o día. A
feira de Santos tiña moita importancia en gando cabalar. Evidentemente
hoxe ten menos peso porque se tentan promocionar outras cousas. Hoxe por hoxe
as trasaccións semanais rondan os catro millóns de pesetas.

ü
¿ Cal é o
índice de población de Castro de Rei?
Hoxe ronda os 6000 habitantes e medrando. É dos
poucos pobos que segue a medrar incluida a capital da provincia.
ü
¿ Cómo
é que veu vostede parar aquí?
Eu nacín no sur,
contra Melide. Traballaba nunca empresa de fabricación de radios.
A este pobo veu unha
empresa facer unha incubadora e precisaban un técnico así que
viñen para aquí; evolucionei na empresa e fixen aquí a
miña vida.
ü
¿ Qué
pensa vostede sobre o traslado do Concello de Castro de Rei a Castro Ribeiras
do Lea?
Non o vexo factible, non
podo ver o futuro, pero hoxe non o vexo. Se o fixéramos
perjudicaríamos en grande medida ese pobo. Eu cando entrei como alcalde remodelei
a casa consistorial e foi unha gran inversión. A Castro non lle fai
falta o concello para seguir medrando.
ü
¿ Cómo
logrou que esta casa se asentar aquí ?
Con traballo.
ü
¿ Cómo ve
o futuro deste Concello?
Que seguirá medrando
en tódolos sensos e coa axuda de todos.
Graciñas polo seu tempo e non perda o costume de
virnos ver.
……………E
PARA REMATAR Sr. ALCALDE UNHAS CUESTIÓNS INDISCRETAS

Calqueira
dos dous. Son un amante da caza pero o mar dáme outras cousas.
Todos.
De xove fun ós campeonatos nacionais de cross.
Real
Madrid. Son presidente da Peña Madridista de Castro e socio de honra.
Todo
o do cocho. Que din que se voara sería mellor. A min váleme
así.
Soen
ser máis de un. O último que merquei foi As leis de Murphy.
A
México e Cuba, pero non por razóns de turismo sexual, senon por
outras cousas máis profundas. Calqueira pais hispano estaría ben;
Perú, Colombia,…aínda así os compromisos non me
permiten viaxar.
Esas
paixóns son máis propias da xuventude.
Moi
traballador e teimudo.