Manuel Fabeiro Gómez
1916-1992
Beleza musical e densidade sentimental
Naceu en Muros. Na súa xuventude foi carpenteiro ebanista, segundo noticia Ferrín, e traballou como auxiliar e logo como oficial no Xulgado de primeira instancia de Noia, vila na que residiu case toda a súa vida. A súa gran curiosidade intelectual levouno a un intenso labor de investigación en temas históricos, folclóricos, e sobre todo, filatélicos. Nesta materia é autor de varios libros e de traballos máis curtos publicados en revistas especializadas e, xornais. Tamén en publicacións periódicas se teñen dado a coñecer bastantes poemas seus, e é autor da recolleíta folclórica Cancioneiro de Muros, publicado (con separata) nos "Cuadernos de Estudios Gallegos", 1958. En 1951 publicou o libro de poesía Follas dun arbre senlleiro, dentro da colección Benito Soto. Existen referencias a un libro titulado Cachamare da saudade, premiado polo Centro Galego de Buenos Aires, que non puidemos ver, nin sequera certificarnos da súa publicación efectiva.

En Follas dun arbre senlleiro, Fabeiro ofreceunos unha poesía na que domina o metro e a concepción do popularismo e do imaxinismo, dunha notable beleza musical e plástica e dunha gran densidade sentimental.
NADAL (PARA UN AMIGO)
E Noíteboa, amigo.
Galopan pol
sentimos o afastamento de Deus do noso lado;
tradean nosos sens as cancións de amor,
as voces da Espranza;
o ceo escintilante que se abre
en esbaxamento de estrelas, asulagándonos.
E comprendemos nista Noiteboa
que a sorrisa do Recén Nado, é Paz;
que a Paz é Amor,
e que somos nós, anque indiños
un anaquiño dise mesmo Deus.
Paz nos nosos corazóns
e nas i
Os anxos do Señor deron súa voz ós ares,
e o traveso dos tempos isa voz permañece,
feíta sorrisa de Recén nado
na escravitude dun podo asoballado.

E canción de espranza, formada pol
que o Señor espallaba pol
pol
pol
ou perto das nosas mans;
por isos vieiros que debemos tripar con mansedume
como o boi que deu calor ó Neno no cortello.

E noíteboa. Meu corazón istá legre,
porque foi nado un Deus pra min soio,
pra darme a forza que percisan meus dedos anguciados,
pra dar laz ós mous ollos;
e unha pinga de amor, somentes unha pinga,
depositar na copa valeira da miña i
que se convertirá en relicario.


Principal