Ricardo Carballo Calero
1910-1990
A emoción da intelixencia
Naceu en Ferrol. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Compostela (con premio extraordinario), e participou activamente na actividade política estudiantil máis avangardista. Foi membro do Partido Galeguista, no que traballou intensamente, e colaborou nas publicacións galegas. Durante a guerra civil, foi oficial do Exército da República, e sufriu prisión despois da derrota. Saído da cadea, ensinou en colexios privados de Ferrol e Lugo, e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Posteriormente foi catedrático de Lingüistica e Literatura Galega na Universidade. Xubilado en 1980, residíu en Compostela na súa vigorosa e activa senectude.

A súa obra é moi abondosa, nos eidos da novela, do ensaio, do xornalismo, da crítica literaria, da lingüistica, da oratoria. Como poeta, estreouse en 1931 con Vieiros. Seguiron O silencio axionllado (1934), Anxo da terra (1950), Poemas pendurados dun cabelo (1952), e Salterio de fingoi (1961). Pretérito inperfeito (1980) e Futuro condicional (1982) recollen a súa obra édita e inédita. Recentemente (1986) publicou Cantigas de amigo e otros poemas.

O miolo da poesía de Carballo Calero caracterizase pola súa preocupación me
tafísica e póla densidade e tensión do contido. É unha poesía fortemente intelectual, rigorosa, máis do pensamento abstracto ca do sentimento.
PRAIA DE CORUJO
Na area para min alguén cravou
o parasol, e á sua sombra puxo
a hamaca para min. O mundo Egipto.
Flabelo e trono: eu faraón.
No meu reino de auséncia, ausente impero.
Esquecido de min e o mundo, ambos
somos un, como o corpo e a alma. Todo
non cobizado é fácil para min.

Secretos pensamentos me arrodeian
como escravas despidas, que non ousan
un tilintar de ajorcas, e se esfuman,
virges ideias, no meu puro harem.

Sobre ninguén impero e reino en todo.
E o mundo é aquala e eu aquel, e somos
el, ela e eu os únicos,
e os tres un. E a unidade é, un intre, tres.

Da miña orquestra real, azuis doncelas,
esparegendo as suas testas brancas,
tangen os cons, arrolan o meu sono,
e os seus cabelos estran aos meus pes.
O sol olla-me, o sol paterno, voo
de áureo falcón imóvel sobre a vida.
O seu ouro é o meu sange, e, lento, flui
no meu corpo solar.

Teito azul, chan enxebre, alta pirámide.
Faixa
Adobiado estou. Pechade a porta.
Poñede o selo. El, ela e eu. Só un.

Principal