Ramón Otero Pedrayo
1888-1976
O gran patriarca
Naceu en Ourense, dunha familia de fidalguía de toga con pazo en Trasalba. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Filosofía. Foi catedrático de Xeografía e Historia nos institutos de Burgos, Santander e Ourense. Depurado ó estala-la guerra civil, acadou en 1950 a cátedra de Xeografía da Universidade galega. Xubilado en 1958, pasou a residir no pazo de Trasalba.

Chegado ó galeguismo no 1918, participou nas Irmandades da Fala e no Seminario de Estudos Galegos. Ó instaurarse a República, fundou o Partido Nacionalista Republicano e conseguiu acta de deputado nas Costituíntes. Logo integraríase no Partido Galeguista.
Despois da guerra, Otero Pedrayo converteuse en simbolo da lealdade democrática e galeguista contra o franquismo, e exerceu un maxisterio ético e cultural decisivo para as novas xeracións intelectuais.

En comparanza da súa inxente obra en prosa, a poesía de Otero é pouco máis ca unha anécdota: algúns poemas dispersos e un libro, Bocarribeira, publicado en 1958. Sen embargo, unha anécdota dun xigante é sempre importante e a poesía do gran patriarca das nosas letras, se ben formelmente imperfecta, é moi notable.
Por dicilo con palabras de Carballo Calero, "...
E moi valente, moi rico de ímpeto e imaxinación. Representa un certo simbolismo de
temática vernácula...".
O XAMÓN
Liturxias vellas impós ós fieis.
aristocrática, feudal mantenza,

Xamón

Coma o pescado roxo e sabroso
amoleciches ó funcionario,

Xamón

Do norte xiado veu pra buscarte
o loiro suevo fillo da guerra,

Xamón.

Da xente aria vella mantenza,
na túa presencia trema o Semita,

Xamón.

Triste xudeu farto de ovella
morre de envexa pola túa groria,

Xamón.

Criado con calma. mimo, coidado,
da esencia do agro síntesis rara,

Xamón.

Mentras o fígado come o escolante,
ríllate ancioso o forte abade,

Xamón

Tes en Caldelas forte crianza
na neve xiada das cumes outas,

Xamón.

Dacón por ti goza de sona
de ser Porcópolis, Chicago noso,

Xamón.

Papa das carnes, cardealicio,
Archimandrita da limpa mesa,

Xamón.

Homildemente a tí chegamosos
pelingrinos, fartos de légoas,

Xamón.

E no teu gosto fresco e potente
teñen consolo as nosas fames,

Xamón.

¡Rei da mantenza, sol do fumeiro,
que sempre agardes nosa chegada

Xamón.

Groria do porco, frol da invernía,
sona da casa, lapa de carne

Xamón.

Densidá ilustre da cena sabia,
gracia e potencia, rosa do pote,

Xamón.

Coallo dos froltos todos da terra,labio fresqueiro, mantenza antiga,

Xamón

Febra xugosa, rica canteiraonde se curtan limpos poliebros

Xamón.

Benedictina fartura ilustrede Oseira e Samos, coartel famoso,

Xamón.

Rei da lareira, carne petrucia,da Raza esgrevia gardas o zume,

Xamón.

De rica alquímia Summa suprama,
[Fariña, poma. Iandra, castaña./)

Xamón,

Sal do fumeiro, na noite negra
do viño en xerra irmán doado,

Xamón

Pai das artritis, das esclerosis .
fildalgas doenzas do pazo antergo,

Xamón.

Tentación dura pra o anacoreta,
coor de meixela, canne de lume,

Xamón.

Do chan galego tes a dozura .
se a meias coces con fachas secas,

Xamón

Sono adoecido do triste abstemio
farto de berzas, todo augachirle,

Xamón,

Pra tí frolecen os soutos vellos,
mebran as hortas, madura o nabo,

Xamón.

Para gabarte cantóu Homero,
brilas no hexámetro, manxar heroico

Xamón


Principal