|
Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano, entre damas e doncelas, imos pedi-lo aguinaldo. Si nos queren da-lo aguinaldo, non nos fagan agardar, somos de lonxanas terras, e temos moito que andar. E ese señor Emilio, Posto nunha vidrilleira, Parece unha rosa fina, Cando sae da roseira. E ese señor Xosé Luis, Moito lle pinta a chaqueta, Meta a mao no seu bolsillo,e tíreme unha peseta. ¿De quen son eses botines, que están debaixo da cama? Son da señorita Olga, Que ten cara de madama. |
A ese señor Tomás,
moito lle pinta o sombreiro, meta a mao no seu bolsillo, denos un pouco de diñeiro. Aquí ven a vella, co aguinaldo, parecelle moito, e vaille quitando. Cántolle os Reis, guedellos de cabra, cántolle os Reis, e non nos dá nada. Estas portas son de ferro, aquí vive un caballero. Estas portas son de estopa, Aquí vive un lapasopas. |
||||||
|
Recollido polo C. O Bolo
|
|||||||