Xosé Luís Franco Grande
Un gran poeta arredío
Naceu en Tebra (Tomiño) o ano 1936, fillo dun mestre de escola. Fixo o Bacharelato en Vigo e, decepcionado dos estudios de Filosofia e Letras
Seguíu carreira de Dereito en Compostela, onde foi todos os anos premiado nas Festas Minervais. No 55 gañou tamén un premio de poesia convocado polo Centro Galego de Buenos Aires, e durante anos participou intensamente na vida cultural, tanto en Compostela coma en Vigo, onde pasou a residir e traballar. Sen embargo, co tempo acabou arre dándose case totalmente dos ambientes literarios.
No ano 85 publicou Os anos escuros, I, texto esencial para o coñecemento da resistencia cultural do 1954 ó 1960.
Trátase dun libro de memoria lúcido e dulcísimo, que causou tremendo impacto nos medios culturais e politicos nacionalistas. Foi tamén autor dun diccionario galego que durante muitos anos prestou enorme servicio á nación, e publicou tamén unha obra de teatro.

O seu primeiro libro poctico Entre o si e o non, non saíu ata o 1967, e recibiu o Premio Nacional de Literatura Rosalia de Castro. Logo foi dando a coñecer algúns poemas soltos en revistas e antoloxías, que despois se recollerían con outros inéditos e mais co primeiro libro, no espléndido Herdo de memoria e tempo (1 987)
A poesía de Franco Grande xira, segundo Méndez Ferrín, «ao redor da vivencia do propio "eu" (..) O seu texto poético é unha mística da soedade, contraria á aniquilación cósmica...». A súa lingua é moi rica e áxil, o seu verso falsamente libre ten unha sabia cadencia, e son verdadeiramente maxistrais os seus estraños sonetos, algúns con ritmos que antes parecian imposibles.
FONTE DO CASAL
A Ramón Piñeiro

Polo carreiro que arrecende a fiuncho,
estrado ó longo de murais do cedo,
ás veces baixo á fonte do Casal.

Do nacedouro mesmo á beira eu séntome.
Vexo os orcelos que a lentura cría
e escoíto a auga que barima a pedra.

Para beber coas mans un cunco fago
e gracias dou á terra
polo rezume que me tira a sede.

E fai medrar os xuncos de arredor
e pon máis tenra a casca do amieiro
e a folla máis escura.

Os meus abós e trasabós baixaran
á fonte do Casal
pola auga viva desta vella fonte

coma agora baixo eu nas tardes limpas
que douran treixaduras e albariños
onde as abellas zugan con cobiza...

Vexo ós mous fillos que pola auga baixan,
polo carreiro vello coma a fonte
e penso nos que me han seguir no tempo.

O tempo pasa pero a fonte queda.
A sombra volveremos
para entón outro será o mundo noso

e a fonte do Casal, allea ó tempo,
seguirá criando orcelos e lentura
na mesta terra pero pra outra xente.