Xavier Costa Clavel
O vello Bohemio
Fillo de galego e catalana naceu na parroquia de Asma (Chantada), O ano 1923, e despois de facer o Bacharelato en Lugo foise para Barcelona, onde estudiou na Escola de Xornalismo. Seu pai foi Xosé Costa Figueiras, notable publicista no seu tempo.
Que se saiba, Xavier Costa Clavell non se suxeitou nunca ó xugo dun traballo regulamentado por outros. Viviu sempre da súa pluma, configurando un especialísimo tipo de escritor profesional que o mesmo fai unha guía turística (é gran viaxeiro), un artigo gastronómico (é gran lambón), ou vintecatro volumes monográficos sobre diversos pintores (é gran esculcador de todos os saberes). Pero o aire bohemio e estrambólico da entrañable I figura do vello Costa non debe
levarnosa engano: tanto as súas monografías de artistas como as súas obras históricas son modélicas polo rigor do seu método, pola coidadosa documentación e pola finura das súas interpretacións e xuizos.
Alén desta obra "profesional", xeralmente non relacionada con Galicia, Costa Clavell tamén se ten ocupado da terra natal en ensaios e libros de grande interese, e cultiva a narrativa no noso idioma.

Como poeta publicou, ademais delgún libro en castelán, A rouca gorxa do meu ser en 1963, e Os anos do vougo en 1977. Mendez Ferrín, falando do primeiro, que contén poemas en prosa, di asi: "En diálogo con Rosalia ou con Hürderlin, Costa pregúntase pola existenciae só sabe dar conta da anguria e do desacougo. Pro, de pronto, no medio de Itanta escuridade, xorde o trallazo da burla, da gargallada cómica. O autor revélase, entón, coma un vitalista e coma un humorista. (...) Este libro agurgullante e lírico é unha das mellores aportacións áprosa poética galega"
BELIDA MOCIÑA DOS OLLOS DE MEL
Pra ti, belida mociña dos ollos de mel.
Pra ti, meu amor.
Pra ti, que voache, anduriña,
sempre perto, moi perto de min.
Pra ti, que me deche agarimo nos intres de fel

Pra ti, que bicache o meu peito
e fixeches ferver o meu sangue nas veas,
enchéndome a vida co senso da túa.

Pra ti, meu amor,
eu quixera que Deus eisistira.
Belida mociña dos ollos de mel!