Margarita Ledo Andión
Rompemento das normas
Naceu en Castro de Rei da Terra Cha no ano 1951. Estudiou xornalismo na Escola Oficial de Barcelona. Dirixente da Unión do Pobo Galego na clandestinidade, tivo que refuxiarse no Porto, onde foi lectora da Facultade de Letras. Volta a Galicia, puxo en marcha e dirixiu durante tres anos o semanario nacionalista A NOSA TERRA. Anos despois, exerceu a docencia na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Autónoma de Barcelona, fixo o doutorado e, de volta outra vez en Galicia, organizou a Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago, da cal foi decana. Os seus estudios profesionais, de grande novidade, están plasmados en varios libros e
nunha chea de traballos de menor extensión.
Como poeta, publicou dous importantes libros nos primeiros anos da década dos setenta, dentro dunha estética máis avanzada cá dominante naqueles anos, e que en grande medida anuncian xeitos que se impuxeron máis tarde: Parolar cun eu, cun intre, con inseuto (1970) e O corvo érguese cedo (1973).

Mantén inexplicablemente inédito un fermoso libro moi posterior a estes, pero anterior á recolleita de estraños textos poéticos titulada Linguas mortas. Serial radiofónico (1989), que foron efectivamente emitidos por unha emisora pirata galega en Barcelona. Tamén é importante a súa obra narrativa, composta por Mamá
Margarita Ledo Andión, ainda que a súa activa vida de profesional da información poida facer esquecelo ás veces, é unha das personalidades literarias máis interesantes do noso tempo, e a súa poesía, madura xa desde os seus inicios, é dunha nerviosa e peculiar cualidade que a fai máis conmovente e inquedante a cada nova lectura.
MARGARITA LEDO ANDIÓN
Pra que veñas mañá
moito máis cedo
e me biques
as tempas lenemente
camiñarei traiciós,
carpis feitos a mau,
terra e semente.

Pra que veñas mañá
moíto máis cedo
hei manter como sexa
o lume ben aceso.

Pra que veñas mañá,
amigo e compañeiro,
hei ter ollos de neno
i o riso trasparente
pra que veñas mañá
i apreixas o meu corpo.

Pra que veñas mañá
moito máis cedo.