Manuel Álvarez Torneiro
Rico en palabras e matices
Naceu na Coruña no 1932, e viviu sempre na súa cidade natal. Desde moi novo traballou como empregado de comercio, mais de seguida comezou o seu labor como publicista e acabou integrándose na redacción dun xornal galego.

Comezou a escribir poesia de moi novo, e participou na fundación do grupo Amanecer con Miguel González Garcés e outros poetas coruñeses. Obtivo numerosos premios literarios e deu unha chea de recitais por diversas localidades. Os seus poemas foron coñecidos oralmente, e tamén soltos en diversos medios: revistas, libros colectivos e antoloxias, coma por exemplo a de Basilio Losada titulada Poetas gallegos de posguerra, publicada en 1982.
Sen embargo, ningún dos varios libros que tiña vagarosamente escrito saíu antes do 1982, ano no que Ediciós do Castro lle editou Memoria dun silencio, cuxo afortunado titulo xa suxire que se trata dunha recompilación de toda a súa obra inédita.

Despois sairían Fértil corpo do soño, Pestauración dos dias e As voces consagradas, alén del gún libro en castelán.

Da obra de Torneiro, e especificamente da Memoria dun silencio, Méndez Ferrín apunta: a...(a primeira parte) amosa unha grande habelencia técnica, que se combina con logros incidentais deslumeantes e efectivos. Trátase dunha poesía abondancial, fluente, rica en verbas e matices: acumulativa e complexa (?) Na segunda parte, a critica social acentúase, faise máis identificá bel. . . ».
OUTONO
Copa de vento, mapa derrotado,
vermella posesión, madeira doce,
ramallo de fermosas cicatrices.

Enriquécenme
os presentes do ceo,
e son o dono
dos espasmos da abella;
despoxo luz e bosque,
irrumpo na clausura dos pombales,
espoleo cabalos e mazorcas.

Hamlet de sol incerto: outono
cazador de vacios e roncexos.

Treme un ouro moi vello
e un século déitase na chaira:
un século de luz ferida e leda,
e compártense
aceites, asuncións e columnarios.

¡Longa vida as sementes!
¡Saúde rouco mel,
viño redondo de pezóns e cantos,
solidario misterio!

¡Cánta morte morrendo na beleza!