Darío Xohán Cabana
Un poeta ruralista
Naceu en Roás, Terra Cha, no 1952. Estudiou o Bacharelato en Lugo, onde foi discípulo de Xesús Alonso Montero, e logo traballou nas Edidións Castrelos de Vigo, con Xosé Maria Álvarez Blázquez. Outro dos seus mestres foi Manuel Maria. Actualmente está afincado en Lugo.

O seu primeiro libro de poesía publicado foi Verbas a un irmao (1970). Seguiron Home e Terra (1970), Romanceiro da Terra Cha (1973),

Elexía nunha escucidade mortal (1974), Ábrelle a porta ó dia (1981),
A fraga amurallada (1983), Canogas de amor vilao (1987), VlII fragmentos (1987) Amor e tempo liso (1987), Patria do mar (1989) e Recolleita, (1992), que agrupa varios libros inéditos anteriores.

É exito en narrativa,autor de varias novelas e libros de narracións, proporcionáronlle moi importantes premios. Traduciu ó galego o Cancioneiro de Petrarca e mais A Divina Comedia e a Vida nova de Dante.
ROMANCE DO XAN BRANCO
Vello poeta Xan Branco,
fogueteiro e trobador,
hei de ir a Seixas un día
pra escoítar a túa canción.
Hei de ir falando contigo
polos campos do solpor,
e hasme cantar, fogueteiro,
o teu cantar de benzón.
"Que bonita a Pena Parda':
dirás con senlleira voz.
Ese romance, Xan Branco,
é romance puro e bon,
con alas de branca neve
de longas navegacións.
O teu romance, Xan Branco,
é troba de bo fistor.
Vello Xan Branco, chairego,
milenario labrador,
home de longos invernos
que andas percurando o sol,
¿vas por antigos carreiros
perdidos entre cancións?
¿ Vas perseguindo na tebra
o cantar do reiseñor?
¡Saúde pró teu camiño,
Xan Branco, meu trobador!
¡Saúde, vello Xan Branco,
fillo da Chaira e do Sol!