Arcadio López Casanova
Na poética da experiencia
Naceu en Lugo o 20 de novembro de 1942. Estudiando xa Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, publica un libro poético en castelán, Hombre úitimo, no ano 1961. Tamén colabora en La Noche, e nos anos sucesivos alcanzou éxitos nos Xogos Minervaís. En 1965, a colección Ronsel editou unha breve plaqueta súa os Sonetos da espranza presentida.
Én 1968 conseguiu praza de profesor no Instituto Benlliure de Valencia, cidade na que reside habitualmente desde aquela, sendo ocasional ou vacacional a súa presencia física en Galicia. A súa obra poética, en galego e castelán, coexiste coa súa dedicación ó ensaio literario, principalmente en castelán: Lenguaje, expresión literaria y lingüistica del español (1971), Lengua española. La expresión literariá (1974). Tamén ten escrito algo de teatro e de narrativa.
O que quizabes foi o seu libro máis falado, Palabra de honor, apareceu en 1967. Cultivaba nel dúas vertentes: a da poesía civil ó estilo de Celso Emilio Ferreiro, e o dunha poesía intimista de ton baixo ás veces no ronsel de Antonio Machado.

Neste libro figura un dos máis notables manifestos en favor da poesía cívica desde a Guerra Civil, e precisamente a Guerra Civil dá orixe a algún dos seus mellores poemas.
Memorias dunha edá e Mesteres son editados ambos no 1976, aínda que o primeiro aparece como un libro de tránsito demorado entre Palabra de honor e o seguinte. Logo sairía un novo libro en castelán, La oscura potestad, que foi premio Adonais en 1978.
De Mesteres Ramiro Fonte di que é o "vasto proxecto dunha gran obra próxima ós ecos da poesía mística". Algúns criticos atribúenlle certa influencia no cambio de rumbo que observan na poesía galega despois da morte de Franco.

LITURXIA DO CORPO. Himno
Mirote cus ollos que foron meus,

- os da macedá
ora que xa vou vello de esilio, e a neno medro, e home

[séntome á porta da Casa:

con lucidez e resiñación,
con vida e morte,
con amor,

i eres tí, i eres ti, i eres

ti
reconocida e salvada, á miña veira sempre,
soia,
soia diante do mar, áncora de ferro
deitada pra vivir, albor de cuncha e oucas
- ¡ouh desamparada!
i eres ti,

voz que ainda chama polo neno, meu aló, aló

[no dintel da praia, na area da consolación,

i eres tí

corpo que ainda chama polo home que con-
{tigo chegou a ista terra, ~ ista C;asa de
{pedra e laranxos, ó leito unxido de acios,

i eres tí,

mau que ainda guia a quen xa triste de horas
{e vellez, de esilio e vida, de cunca e auga,

agora, agora,
xunta o mar de cinza e xabre contigo está,
contigo
está

contigo ¡ouh desamparada!- olla o solpor, a
[luz dos laranxas caidos, as ondas, sempre as ondas,

e volve, volve pra Casa derrubada,
axiónllase no forno queimado,
déitase no leito cando a noite non é mais que Noite

{marmore de geivotas contra a fiesta da desolación,

i enton reconoce,
i entón

reconoce todo o que foi canto,salmo, zanfoña de esilio,

Terra maldita da que con cadeas de procesión, e voces

(de ferro, e coitelos, e gadañas de lume desterrá-
(ronme hai xa toda unha vida,

horas e horas,
anos de xenuflesión, de perdón, de corazón, de prego,
de camiños, e camiños, e camiños,
de ollar, coma agora, no solpor do viño, diante do mar,
as maus suas da vellez cruzades sobre do pe/to,
malditos,
malditos,
Mírote cos ollos que foron meus,
compañeira miña
-¡ouh desamparada!
ora que paso a paso me levas, ora que paso a paso me guías,
e queda o mar atráis.
I é a Noite,

i alceden as estrelas o teu corpo de xuventú,

e vas comigo

i o mar dende atráis vaza e limpa os
{teus pes, o oureo i o incienso,

e chegemos,
e chegemos algún dia,

i abres a porta da Casa, pos o mantel das viandas, a
{cunca, a lámpara da maxestá,

i eisí soios,
i eisí soios,
a mirada regrésame do vivir.

I estou vivo.