Antón Avilés de Taramancos
Unha forza telúdica
Naceu no 1935 en Taramancos, preto de Noia, dunha familia agraria e mariñeira. É imposible facer aqui un resume da súa vida de emigrante, que continuou nos paises andinos a súa aventurosa mocedade na propia Galicia: en América foi cazador, contrabandista, labrador, traficante de cabezas reducidas.

Antes da súa marcha traballara con outros nacionalistas radicais pola recuperación do galego e, volto á Terra no 1980, nos seus últimos anos, mentres gañaba a vida como taberneiro en Noia, militou intensamente no nacionalismo político e cultural de esquerdas. Morreu en 1992 dun cancro contra o que loitou gallardamente, dando con esta loita e morte a súa derradeira lección de heroismo e amor infinito pola vida.

A súa obra poética iniciouse con As moradias do vento (1955) e A frouta e o garamelo (1959).
Durante a estadía americana non tivo máis contacto co mundo literario galego ca algunha correspondencia con Garcia Poeta de verso de ferro e cristal Avilés construíu unha poesfa poderosísima, grandiosa e coral. O amor, a ira nacionalista, a vida como viaxe ou odisea, a nostalxia imposible do home de dous mundos, golpean con forza sobrecolledora nos poemas dun que amou sen mesura a vida, a patria, a liberdade e a materia.
Hoxe preciso construí
érgome cedo coma Ulises
e roubo tódalas naves do mundo.
(O meu país vaise polos camiños do soño,
pero soñar, irmán, é unha cousa terrible).

Os vellos canteiros do meu ser
domean os penedos docemente
e vanlle dando forma
á miña dor atávica de home.
Eu soñei esta terra desde sempre
cando o cervo nun era mais que a imaxe
multicolor nas covas do meu sono.
Atravesei desertos de xeada
no principlo do tempo, terra miña!
e teño o corazón coma un pelouro
brunido por amarte en tantas vidas.
Só ti es permanente!

Hoxe preciso
falar cóbado a cóbado contigo
meu irmán, pois a palabra
afia esta emoción que pon no vento
un ar ou agarimo tan antigo
que fai canta