Avelino Abuín de Tembra
Existencialista neorromántico
Naceu en Laíño, concello de Padrón, en 1931. Licenciouse en Filoloxía e Letras e foi correspondente de prensa en Lisboa, onde residiu catro anos. Xa en Compostela e dedicado á ensinanza, foi un dos fundadores do Pedrón de Ouro, e creou para estudiantes de Bacharelato os Xogos Florais Minerva, nos que se deron a coñecer varios dos poetas que aqui figuran.

A obra poética de Abuin de Tembra empezou a coñecerse a través de diversas publicacións. O seu primeiro libro,
Camiños, data de 1961. En 1974 publicou Home ao pairo, e en 1981 Roldas de Compostela, co que gañara o premio Celso Emilio Ferreiro convocado polo Concello de Santiago. Publicou tamén un estudio bio-bibliográfico sobre Rosalla (1987), e milleiros de artigos en xornais e revistas de Galicia, España e América. A súa faceta de xornalista cultural non ignora tampouco a radio e a televisión.
Da obra de Abuin de Tembra di Méndez Ferrín:
«...iniciada con Camiños, faise ampla e chea de diversidade en Home ao pairo. Trátase dun libro no que predomina unha arela de manifestación da anguria e da inquedanza existencial do autor [...] O poeta maniféstase a si mesmo, nun despregue de absoluta sinceridade que o relaciona co clima de inseguranza existencialista dominante na poesía moza dos ,anos cincuenta. Posteriormente, recupera, en Roldas de Compostela, a sensibilidade neotrobadoresca e popularista de anteguerra. [...] Orabén, o desacougo do libro denanterior permanece...»
HEIME AQUI
HEIME aqui, meu Deus, nú de materia.
Ollame sin amarqura o pensamento.
Apértame contra Ti profundamente,
como sabes facer cos miseros mortais, probes, informes.

Méteme dentro de Ti
e múdame das maldades, fortemente.
Deixa cair sobor de min a Túa man,
len e quedamente como un cantar de madrugada,
nas herbas da invernía ou nos xaramolos da existencia.

Bicame, Deus bó, na frente doorida,
érqueme hastra Ti que estás no alto.
Aléntame no mal que me corroe,
afástame do frio co Teu sopro,
arrólame no Teu berce de infindades.

Pega os meus pes ao brilo das estrelas.
Arrepúxame, Deus, na Túa roupa seca.
Verás, Deus de imensidade,
verás cómo son home saido de Ti mesmo.
Anque agora non son máis que criatura
sin nada que che presentar,
xa que Ti queres homes con vontade
¡heime aqui!

Si Ti queres homes,
ainda sexa con nodoas pecadouras,
si as lavas ca auga do Teu chover ardente,
¡Home son!
¡Heíme aqui!