¿Para quén cucou o cuco?
nha vez ían dous compadres para Betanzos e, cando ían polas Capelas, senti-ron
cucar o cuco. Dixolle un ó outro:
- Ouh, compadre, ¿e non sinte cucar o cuco?.

- Sinto, home. E non hei sentir, ... xa levo un pedazo oíndoo e ademáis hei de
dicirlle que cuca para min.

- Non viva equivocado, compadre. O cuco está cucando para min, ¡ben se ve!.

- Diso nada. Teño a total certeza de que cuca para min.

Asi foron porfiando ata chegaren a Betanzos coa mesma leria. Non chegabana ningún acordo e a cada paso estaban máis enfadados. Un deles dixo:

- Mira, compadre, vai ser mellor que busquemos axuda nalguén que poida ver doutra maneira as cousas. Eu penso que podemos buscar axuda na xustiza, e un avogado pode ser quen nos diga en verdade para quen cuca o cuco.
Non o pensaron máis e foron ó avogado, entraron e contáronlle o que lles pasara. Cada un contou os feitos tal como os vía.

O avogado, dándose a valer, quedou cavilando un pouco e sen dúbida algunha, dixo:

- Ben, xa vexo máis claro o asunto. O primeiro que habedes facer e darme cada un mil pesos, e logo xa vos contarei.

Buscaron nos petos da chaqueta e cada un sacou as súas cinco mil pesetas requerida para lle entregar ó avogado. Cando este as tiña ben gardadas, ergueu do seu asento e mirando para eles dous con cara compracente, dixo:

- O cuco, en realidade, cucou ben.

Non cucou para ningún de vo-los dous, senón que cucou para min, que son quen máis saíu gañando deste curioso asunto. E para que vos sirva de escarmento, non
esquezades que "de testáns e porfiados, vivimos os avogados".

Mero. Recollido a Consuelo Cruz Lata en Mesía, 1981.