Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Momentos felices

jueves, 07 de noviembre de 2013
Do mesmo xeito que non se pode negar que a vida ten momentos tristes, tamén é ben certo que os ten moi felices.
Proba deso é que todos queremos vivir moitos anos e a ser posible con boa calidade de vida.

A vida dunha persoa ten moitísimos momentos felices.
Neste caso tan só me fixarei nalgúns momentos dun día calquera que poden ser comúns á maioría dos humanos:

1.- DESPERTAR CON VIDA, mirarse ó espello e sentirse con vida é un gran regalo que debería producirnos felicidade e desexos de exlamar: ¡GRAZAS!
Porque outras moitas persoas non poden dici-lo mesmo.
A morte chama a calquera hora do día ou da noite.

2.- TER UN TEITO onde realizar a nosa vida doméstica: “a nosa república independente”. ¡Unha gozada!
¡GRAZAS!
Pense por un instante nas persoas desafiuzadas nos últimos tempos e despois analice o seu caso

3.- ALGO QUE LEVAR Á BOCA cada vez que o noso organismo reclama alimento: polo menos tres momentos felices cada día. E se os multiplicamos polo número de veces que paladeamos algo moi do noso agrado. ¡Que felicidade!
¡GRAZAS!

Non teño nin idea do número de persoas que están morrendo no mundo por inanición, mentres eu escribo este artigo para Galícia Dixital; pero as estadísticas están ó alcance de quen queira consultalas.

4.- E ¿por que non dicilo? CADA VEZ QUE O NOSO ORGANISMO ELIMINA AUTOMATICAMENTE OS RESIDUOS QUE NON PODE ASIMILAR...
¡Un momento de relax!
¡Que alivio!
Normalmente unha vez cada día.
E se toca pola mañá, o alivio xa dura todo o día, e logo outro e así tódolos días.
¡Que felicidade!
¡GRAZAS!
Habería que preguntarlles ás persoas con problemas intestinais... ¡Hai tanto padecemento por este motivo..!

5.- RECIBIR UN BICO OU UNHA APERTA dunha persoa.
¡Que regalo!
Non costa nada pero vale moito.
Sénteste como se che colocaran unhas ás invisibles e vas pola vida como se non puxeras os pés no chan.

¡GRAZAS ÁS PERSOAS QUE DAN BICOS!

A min dáme pena cando lle pido un bico a un neno e respóndeme: “Non hai. Son moi caros”
Eu pregúntome: ¿Quen lle diría eso? O neno en cuestión non naceu aprendido.
¿Qué problema hai con ensinar ós nenos a ser cariñosos?

6.- UNHA MIRADA CÓMPLICE, UN SORRISO de calquera persoa das que te atopas ó longo do día...¿Non está nada mal, verdade? Estes casos tamén se dan.
¡GRAZAS!
É un indicativo da comuñón que existe entre ambas persoas: ¡Noraboa!”

7.- UNHA CHAMADA TELEFÓNICA dunha desas persoas que se interesan non só polo teu presente senón tamén polo teu futuro; agradécese moito, moito. Son algo así como os teus anxos da garda. É un momento intenso, auténtico, feliz.
¡GRAZAS!
Persoas que estando lonxe no espazo, lévante no seu corazón e grazas ós medios de comunicación que temos hoxe en día, séntelas moi cerca de ti.

8.- UNHA VISITA AMIGA, sempre é de agradecer, pero cando te encontras convalecente, moito máis. As persoas que te visitan axudan a levantarche o ánimo e favorecen a recuperación. Danche forzas.
¡GRAZAS!
Eu tiven esa experiência en varias convalecencias e non sabe vostede canto as agradecín.

9.- UNHA MAN COMPAÑEIRA que te saca dun apuro laboral tamén é moito de agradecer. Unha misión cumprida en boa compañía é un pracer, un momento de felicidade.
¡GRAZAS!
Un bo compañeiro ou unha boa compañeira de traballo é como un familiar que tes cada día laborable ó teu carón. ¡Unha sorte!

10.- UN DESCUBRIMENTO DE APRENDER ALGO NOVO cada día é moi enriquecedor e produce felicidade, ó mesmo tempo que mellora a túa autoestima e a túa calidade de vida.
¡GRAZAS!
Hai un refrán castelán que di: “NO TE ACOSTARÁS SIN SABER UNA COSITA MÁS”
Eu son unha persoa moi ignorante e cando aprendo algo novo, fago festa na miña mente e agradezo a quen me deu esa oportunidade de aprender algo.
Hoxe en día as novas tecnoloxías dan moito que aprender, pero tamén producen pracer. E se consultas cunha persoa xove, favoreces a relación interxeracional.


11.- A VOLTA Ó FOGAR despois de ben cumprida unha xornada de traballo productivo ou unha viaxe de pracer, tamén produce felicidade. E se tes alguén esperándote na casa que te recibe cunha aperta, un zumo recén preparado, unha infusión ou algo polo estilo…
E se quere sorprenderte co algo do teu agrado…
¡Que ben!
¡GRAZAS!
Cando volves con ben dis:
“¡Fogar, dóce fogar!”
Llembro un amigo que estaba desexando volver da mili para usar comodamente o seu inodoro. Algo tan sinxelo como eso, por decir algo.

12.- UNHA APERTA EFUSIVA por algo que fixeches ou que che fixeron, produce un momento de intensa felicidade. Parece como se dous corazóns se fundiran por un instante.
As cousas boas que saen do corazón, non teñen prezo
¡GRAZAS!
Cado dúas persoas se abrazan co corazón, automaticamete pechan os ollos porque naquel instante ó mundo exterior non existe para elas.

13.- QUE TE FELICITEN OU FELICITAR POR TER CONSEGUIDO UN LOGRO, é moi gratificante e produce felicidade. Sóbeche a autoestima e sénteste moito mellor.
¡GRAZAS!
Cando consegues un título, un posto de traballo. Cando te casas. Cando rematas de pagar unha hipoteca e tantas outras cousas…


14.- GOZAR DE PAZ INTERIOR derivada do deber cumprido é unha gran riqueza. Eleva a autoestima e faite sentir ben contigo mesmo. Un pracer que te acompaña permanentemente. Un momento continuado de felicidade.
¡GRAZAS!
¡Que pracer tan grande non ter remordementos!
A conciencia tranquila. Estar en paz contigo mesmo...
¡Que riqueza!


15.- DISFRUTAR DUNHA POSTA DE SOL produce un pracer indescriptible. Un momento de felicidade que pode durar tanto tempo como tarda a terra en ocultalo detrás do horizonte.
¡GRAZAS!
¡Quen tivera as palabras axeitadas para describila!

16.- EXPERIMENTAR COMO MEDRAN OS NENOS, AS PLANTAS, AS COLLEITAS, produce admiración e agradecemento. Un momento de felicidade que dura, dura... Dura moito máis que as pilas do anuncio. É unha gozada.
¡GRAZAS!
Aqueles zapatos que quedan pequenos...
Aquela roupa que lle escapou…
A horta que medrou…
A froita que madura da noite para a maña…

17.- RECIBI-LA NOTICIA DA SUPERACIÓN DUN EXAME que resultou moi difícil é un respiro que produce un momento de intensa felicidade.
¡GRAZAS!
Botaches boa parte da túa vida dedicámdote a prepararte para conseguir un futuro prometedor, pero depende do resultado do exame ou do posto que te encontres en relación con outras persoas...
Cando a noticia é satisfactoria, o corazón parece estoupar de alegría.

18.- RECIBIR NOTICIAS DUNHA AMISTADE que facía tempo que non sabías dela, estírache a alma e dáche ganas de vivir.
¡GRAZAS!
¡Cantras veces pasa que por circunstancias da vida pasas anos sen ter noticias daquela persoa que foi unha boa compañeira e agora xa pensas que nunca máis saberás nada dela ata que un bo día alguén pronuncia o teu nome, miras, observas e dis:
¡Pero se é fulanito ou fulanita!
Unha forte aperta sela o acto e a amistade continúa como se nada pasara.

19.- SAÍR BEN DUNHA INTERVENCIÓN CIRÚRXICA, faite sentir como unha persoa nova, do trinque. É como un novo nacemento.
¡GRAZAS!
Ir ó quirófano sempre dá reparo, incluso pode dar medo; pero cando todo pasou:
¡Que alegríia xa son a persoa de sempre!
Exprésaslle o teu agradecemento ó persoal sanitário e ...
¡Vida nova!

20.- AMAR E SENTIRSE UNHA PERSOA AMADA, é moi enriquecedor tanto para a persoa que ama, como para a persoa amada. É unha das mellores riquezas. Produce moita felicidade e moita seguridade.
¡GRAZAS!
Non podemos amañarnos sós por moi independentes que sexamos. Amar a alguén é unha necesidade que levamos impresa no noso corazón. Ser amados é a outra cara da mesma moeda.

21.- A CHEGADA Ó MUNDO DUN NOVO MEMBRO DA FAMILIA...
Eso xa non hai palabras para describilo. A nai ve cos seus propios ollos aquel ser que tanto esperaba.
Sexa como sexa, parécelle o bebé máis precioso do mundo. O pai quédase abraiado vendo aquela criaturiña tan indefensa...
É todo ollos.
Ós avós, cáelles a baba e os familiares alégranse moito.
É sen lugar a dúbidas un dos acontecementos que maior felicidade produce. Por algo é o milagre da vida.
¡Grazas á vida!
O mellor regalo nunca visto é o regalo da vida.
Del derívanse tódolos demais.

22.- A INOCENCIA E O SORRISO DUN NENO é algo que non deixa indiferente a ninguén. Entenrece a alma do máis duro. Unha das mellores cousas que nos poden pasar: experiementar en carne propia o gozo da pureza e da inocencia. ¡GRAZAS!

23.- A MIRADA DOS NAMORADOS, A DAS PERSOAS QUE SE AMAN tenramente, a daquelas persoas que están dispostas a facer por ti todo canto estea ó seu alcance... Eso non ten prezo. Chámase amor. ¡GRAZAS!

24.- A MIRADA DE DESPEDIDA AGRADECIDA dunha persoa que abandoa para sempre esta vida; mostrándoche o seu inmenso agradecemento é algo do outro mundo.
Algo divino que che mostra o máis elevado grao de amor que alguén pode ter por ti.
Hai que vivilo para comprendelo.
Non hai palabras neste mundo que o saiban explicar.
Prorduce unha felicidade inmensamente inexplicable. ¡GRAZAS!

25.- A VIDA TEN INNUMERABLES MOMENTOS FELICES os que lles debemos moito agradecemento porque é de ben nacidos ser agradecidos.

O agradecemento é signo dun bo corazón como o seu. Por eso ten utilizado en innumerables ocasións a plalbra: ¡GRAZAS! ¡GRAZAS! ¡GRAZAS!

Podería seguir, pero deixo que o faga vostede e que dusfrute moito con esas vivencias.

Resumindo:

HAI MOMENTOS FELICES PARA TODOS, independentemente das circunstancias que toque vivir.

Por favor, dea un repaso ós momentos felices da súa vida. verá como son moitos máis dos que se imaxinaba.

Eso si, busque o momento e o lugar oportunos, porque se intenta buscalos nun momento no que ve todo negro, ou se atopa nun lugar inadecuado; seguramete encontra moi poucos.

Se mo permite voulle pedir que lle dedique todo canto máis tempo poida a disfrutar dos momentos felices. Eses momentos necesitámolos para compensar outros de signo ben diferente.

Non se preocupe antes de hora polo momentos duros. Basta ocuparse deles cando se presenten, se se presentan.
E cando cheguen, a ser posible, desfágase deles canto antes.

A VIDA DÉUSENOS PARA VIVILA NON PARA AMARGARNOS.

Coñezo persoas que vivindo nunha silla de rodas, son felices e fan felices a outros.
Desde o seu “TRONO” fan moito ben á humanidade.
Eu disfruto da amistade dalgunhas e admíroas polo labor que fan e polos benefícios que aportan á miña vida.

Se esas persoas son felices e fan felicies a moitas outras...
¿Por que non podemos ser felices os que disfrutamos de mellor saúde?

A resposta é porque non sabemos valorar na súa xusta medida os momentos felices que se nos presentan ó longo da vida.

Dígame:
¿Non lle ten ocorrido que pasa moito tempo pensando nun problema antes de que este chegue?
A min, tenme pasado.

Pois mire... Se quere sabe-lo meu parecer direille que ese tempo era mellor que empregara en vivi-lo momento presente para repoñer forzas para cando houbera que empregarse a fondo.

Poñereille un exemplo:
Cando eu era nena, un profesor dicíanos que non era bo estudiar inmediatamente antes dun exame porque era preferible que o cerebro estivera despexado para poder concentrarse cando chegara o momento.

Eu así o fixen ó longo da miña vida de estudiante e teño que confesar que non me arrepinto.

Volvo a insistir que na vida hai moitísimos momentos felices. Ata me atrevo a dicir que a maioria deles son felices.

É UNHA LÁSTIMA NON APROVEITALOS SENCILLAMENTE POR NON SABER VALORALOS.

Sei que vostede é unha persoa que administra moi ben os seus recursos humanos e seguro que me dará a razón; non porque llo diga eu, senón porque llo demostra a súa propia experiencia.

Así me gusta.

¡Sexa moi feliz!

Estoume acordando dunha frase que me dixo unha señora de 97 anos, á que sempre vexo feliz, independentemente da situacción na que se encontre.

Ela di: “O QUE SE CONFORMA CO QUE TEN, ESTÁ SEMPRE BEN”

Tamén vin unha mensaxe en NAZARET (Portugal) que poñía:

“QUEN SE CONFORMA COA SÚA SORTE É FELIZ ATA A MORTE”

Non se trata de compararse con ninguén, porque a vida de cada un é un mundo a parte. Somos únicos.
Vostede é unha persoa única e irrepetible.

E por outra banda, tamén penso que cando un momento non é tan feliz como quixeramos, poderíamos darlle a volta para tansformalo en algo positivo.

Por exemplo se a vostede lle está resultando pesado ler esto, pode pensar, pois Mercedes intentou facerme descubrir momentos felices.
Vou pensar que teño moita sorte por ter vista, por poder disfrutar deste momento sabendo descifrar unhas manchas de tinta que son capaz de transformar nunha mensaxe. Etc. Se me paro a pensar:

¡REALMENTE SON UNHA MÁQUINA MOI PERFECTA!

Vouno celebrar, porque este é un momento feliz que me sacou da rutina neste momento.

Por favor: “PÓÑASE A CELEBRALO” e saiba que eu adoito a facelo tódolos días e disfruto moito os momentos felices do día en curso.

Esquecíame dicirlle que se o considera oportuno e as súas circunstancias persoais llo permiten, faga unha lista de momentos felices ó remate de cada día.

Nin siquiera precisa papel e lapis, a non ser que queira deixalos por escrito para a posteridade.
Pode facelo mentalmente.
Este repaso do máis importante do día, daralle moita paz e poderá descansar como un anxo ata o día seguinte.

E se ten con quen compartir esta experiencia, mellor aínda.
Porque as alegrías compartidas multiplícanse.

Deso vostede, sabe moito. Aproveite canto máis poida.

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES