Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espiando

martes, 05 de noviembre de 2013
Somos conscientes de que as nosas actividades poden ser espiadas por parte de xente interesada no que facemos, especialmente se as nosas actividades teñen algo que ver coa economía, coa política, ou calquera outra materia sensible.

Sabemos que as nosas conversacións polos teléfonos, móviles ou fixos, deben ser cautas, non só polo interlocutor ao que nos diriximos senón polas “fugas” que poida haber da información que facilitemos.

Sempre houbo ao noso arredor particulares ou institucións dedicadas a averiguar cuestións que poidan interesar aos que detentan o poder, e o espionaxe – mesmo o industrial – estivo, está e estará á orde do día. Por iso, moi poucos poden extrañarse de que o país máis poderoso do mundo, á súa vez, espíe aos países cos que se relaciona, especialmente se son amigos políticos, que é o mesmo – amigos políticos- ca non ser nada.

Sabido o tema ninguén toma medidas drásticas, nin siquiera se pronuncian frases duras ou agresivas, que a fin de contas estamos a falar de valores entendidos, de intereses comúns, e ao mellor de métodos compartidos.

Démonos, pois, por espiados. E se nos libramos, é moi posible que a nosa actividade sexa totalmente inócua e a ninguén afecte, e a ninguén preocupe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES