Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sor Paz no Asilo de Foz

martes, 05 de noviembre de 2013
O ano 1951 incorporouse á Comunidade do Asilo, e nela estivo unha década, a que foi a monxa mais popular e carismática da Casa e que deixou mais fonda pegada na memoria das xentes que, con mais ou menos proximidade, coñeceron aquelas vivencias.

Sor Paz Boan Casas, galega do Val de Lemos, de sorprendente vitalidade e anerxía; xenerosa, sempre leda e activa; o seu optimismo e actividade contaxiaban a todos e a entrega aos vellos/as era a súa divisa. Xove e guapa, lucia a fermosa voz no coro que ela mesma dirixía, formado con outras monxiñas e algúns rapaces/zas da veciñanza. Hai uns anos, na compaña dun feixe de amigos da bisbarra, fixemos unha viaxe á Ribeira Sacra, pernoctando en Monforte, Á mañá seguinte suxerimos a idea, abondo insólita, de visitar a Sor Paz que, dende a estadía en Foz, permanece naquel asilo, aínda que só un dos compañeiros- focego- a coñecera.

Os amigos aceptaron e alá nos fomos. De camiño pensábamos en cómo estaría de saúde pois, se non a era xa, estaría moi pretiño de ser nonaxenaria. Preguntamos por ela e resoou a través da megafonía: “ Sor Paz, espérana en porteiría” Era boa sinal. Nun intre, e cara a nós, vemos avanzar unha monxa camiñando cunha enerxía e vitalidade que nos resultaba coñecida. Cando nos achegamos abrazámola ao tempo que preguntamos:”Sor Paz,¿sabe quen son?”. Sorprendida, mirounos fixamente un anaco, e dixo: “ Ere-lo Susiño”, como con agarimo nos decía na adolescencia.”¿Por qué me coñeceo?” “Polos ollos,,,”, respostou.

Había 46 anos que non nos víamos... Saímos ao xardín e alí falamos longo e tendido, preguntando por medio Foz, sempre agradecída, nos decía, ao tempo que louvaba o comportamento dos focegos co asilo; dimos un repaso ás cantigas que ela mesma nos ensinara no coro... ás mil anécdotas dos singulares e pintorescos asilados: O Mudo, Rabo de pega, Atilano, Banderas,,, Ao despedírnos cunha fonda aperta, díxonos: “ ¡Toda a vida fun feliz coidando vellos!” Xa o sabíamos, respostamos, Os nosos compañeiros saíron ledos do encontro.

Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES