Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nación

jueves, 29 de septiembre de 2005
A súa soa mención provoca enfrontamentos. E, sen embargo, o termo "Nación", non fai máis ca identificar unha unidade xeográfica con poboación propia, historia e capacidade de goberno. Cando non se fala de "nacións sen territorio" para identificar a determinados pobos como o xitano ou o palestino.

Un cantautor hai anos lanzaba ós aires a súa queixa, no nome de Aragón, denunciando que "si antaño fuimos reino / no nos dejan ser nación".

Cando se redactou a actual Constitución, que leva en vigor perto de trinta anos, falouse claramente das "regiones y nacionalidades del estado español", entendendo que regiones eran aquelas nas que non había tradición de autogoberno ou clara individualidade (La Rioja, Murcia, Cantabria, Madrid...), e nacionalidades aquelas nas que houbo organismos autonómicos ou procesos en marcha como Catalunya, País Basco, Galicia ou Andalucia.

En 1978 resultaba un pouco forte falar de "nación", tan novo aínda o proceso de transición á democracia, e hai que recoñecer que foi un gran avance que os Pais da Constitución aceptasen "nacionalidade" para identificar determinados territorios, moito máis avanzado daquela que o propio de "nación" nestes momentos.

Agora que se pon en cuestión case todo, que se fala de reformas de Estatutos, que non son máis ca avances ou preludios da reforma que a Constitución vai a experimentar máis axiña ou máis tarde, unha palabra en sí non debe asustarnos, porque os posibles sustos non están nas palabras senón no uso que posteriormente se dea a estas por parte dos políticos que nos gobernan.

Que Galicia é unha nación, está fora de toda dúbida para moita xente. Dahí á independencia, queda moito camiño se é que hai camiño a recorrer nese sentido.

Se desde hai máis dun cuarto de século está Galicia recoñecida como "nacionalidade", Por que alporizarse por elevala a "nación"?. O mesmo vale para Catalunya, onde a denominación crea conflicto. Pero haberá que afacerse.

A fin de contas, o caso é que os novos Estatutos, as reformas, os cambios, se fagan de común acordo para que as modificacións nos vallan para outras tres décadas. Daquela, estaremos moito mellor situados -mentalmente- para afrontar novos retos de futuro, que en resumen só consisten en encontrar fórmulas desde as que traballar, falar, consensuar e gobernarnos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES