Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Elenco de veteranos

lunes, 04 de noviembre de 2013
A veteranía é un grao. É moito máis que un grao. Grazas á veteranía gocei coma nunca vendo a película “O último pistoleiro”, de Don Siegel, porque nela asoman na pantalla un elenco de veteranos de moitos quilates, dende John Wayne ata John Carradine, pasando pola espléndida Lauren Bacall, James Stewart e Richard Boone; os homes roldando os setenta anos e a Bacall con cincuenta e dous.

O detalle da propia película está en que vai dun pistoleiro que padece cancro (John Wayne), que se pode dicir que amosaba a mesma realidade, xa que ós tres anos Wayne morrería de cancro e no filme xa se lle apreciaba a enfermidade. ¡Que intérpretes! ¡Que saber estar! Saber estar de todos, incluído John Wayne, pois hai que recoñecer que ía moito máis alá dun simple cowboy.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES