Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Visita á Casa-Museo de Manuel María

sábado, 02 de noviembre de 2013
Aproveitando unha das clases da Uned Sénior de Xestoso, o día 29 de outubro de 2013, dirixímonos á Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo) onde un representante da Fundación nos recibiu con amabilidade e moito entusiasmo; dirixíndonos unhas palabras na “PALLEIRA” acondicionada como Salón de Actos.

A continuación fomos visitando as diferentes dependencias da Casa por grupos.
Mentres un grupo facía a visita, os outros quedaban escoitando ó Profesor que nos acompañaba ou ben procedía a ver uns vídeos sobre o autor en cuestión.

Manuel María Fernández Teixeiro naceu na casa de Hortas (Outeiro de Rei) no outono do ano 1929 e morreu en A Coruña pouco antes de comeza-lo outono do ano 2004.

Durante os seus 75 anos de estancia neste mundo descubriu o galeguismo da man de Pimentel e Fole, entre outros, nos seus tempos mozos cando andaba pola capital lucense.

Foi Procurador dos Tribunais pero a súa vocación literaria levouno a escribir poesía, ensaio, narrativa e teatro. Conta con 56 obras poéticas e 7 obras dramáticas.

Na súa traxectoria literaria destacan:

- A TERRA.
-O IDIOMA GALEGO.
-O PAÍS.
-O AMOR.

No ano 2004 falece Manuel María e a Fundación Manuel María de Estudios Galegos alentada pola viúva do autor, Saleta Goi, ponse en marcha e coa substanciosa cantidade de 350.000 € aportados por diferentes institucións como as Deputacións de Lugo e A Coruña, a Consellería de Cultura, o Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Lugo e os Concellos de Monforte, A Coruña e Pontevedra; conséguese a remodelación da vivenda que visitou o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso na data antes citada.

¿Que nos pareceu?
A verdade é non se nos pediu opinión, pero polo que puiden observar e escoitar dos meus compañeiros:

-A remodelación da casa non nos chamou nada a atención no sentido que desexabamos. Máis ben todo o contrario.

¿Por que?

Pois porque se sacámo-la porta da palleira, o reloxio, a nogueira, a información bibliográfica e pouco máis; non se parece en case nada a unha casa da aldea como as que nos criaron a nós.

- Non sabemos o que opinaría Manuel María se levantara a cabeza, pero a xulgar polas pinceladas que nos deu o noso Profesor que era amigo de Manuel María e estivo convidaddo en diferentes ocasións naquela casa; sacámo-la conclusión de que o espírito de Manuel María ía por outro lado:

- O AMOR Á TERRA.
-O AMOR Ó IDIOMA.
-O AMOR Ó PAÍS.
-E O AMOR Ó AMOR, que é o que se desprende da súa lectura.

Con todo, o Coordinador deixou Constancia no Libro de Visitas a felicitación polo labor realizado, porque -eso si- vese moitísimo entusiasmo na persoa que nos fixo a presentación.

Desexamos que todo sexa para ben do rural galego.

-MERCEDES CACHAZA PLATAS é Alumna da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña)-
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES