Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasando(se) de lista

martes, 29 de octubre de 2013
A lista que cada partido conforma para presentarse a unhas eleccións é a orde de preferencia que cada agrupación establece entre os seus diversos membros con aspiracións na política activa.

Así, segundo os resultados electorais, sae elixido un número determinado de membros que figuran na lista, que conseguen un dos postos en liza, precisamente por formar parte desa lista electoral.

E cando se produce unha vacante, cando renuncia un dos membros electos, pasa a ocupar o seu lugar o seguinte na lista, sen excepcións nin máis problemas que os derivados da propia lista, cando hai membros que teñen especiais apetencias ou a lista non é homoxénea.

Parece que, efectivamente, non era homoxenea a lista que a Alternativa Galega de Esquerdas presentou por Ourense, e ao deixar o seu posto no Parlamento de Galicia o deputado David Fernández Calviño, de Anova, non se ve ben que entre no Parlamento o número dous da lista (de Esquerda Unida), senón que pretenden que entre o número tres, tamén de Anova.

A crise está servida. Visto está que para concorrer, os políticos de diversas forzas poden poñerse de acordo para formar na lista. Pero cando se trata de “disfrutar” dun posto no Parlamento, a orde xa non parece valer e ata os máis firmes queren pasar(se) da lista.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES